NGC 1672

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
NGC 1672
NGC 1672 HST.jpg
Unha imaxe do Telescopio Espacial Hubble da galaxia NGC 1672.
Créditos: HST/NASA/ESA.
Datos para a observación
Época= X2000,0
Tipo de galaxia (R')SB(s)bc[1]
Ascensión recta 04h 45m 42s[1]
Declinación -59° 14′ 56″[1]
Corremento cara o vermello 1331 ± 3 km/s[1]
Distancia ~60 MAl (18 Mpc)[2]
Magnitude aparente 10,3[1]
Dimensións aparentes 6′,6 × 5′,5[1]
Constelación de Dorado
Outras designacións PCG 15941[1]

NGC 1672 é unha galaxia en espiral barrada, situada na constelación de Dorado. Orixinalmente pensábase que era membro do Grupo de Dorado,[3] pero máis tarde esta relación sería desbotada.[4] NGC 1672 posúe unha gran barra que se estima que ten preto de 20 kilopc de longo.[5] Ten fortes emisións de radio procedentes do seu núcleo, barra e as porcións interiores do seus brazos.[5] O seu núcleo é un Seyfert tipo 2 e está envolto por un gran rexión de formación de estrelas.[5] Aparecen fortes emisións polarizadas procedentes da rexión nordés da galaxia,[5] e o seu campo magnético describe grandes ángulos respecto da barra da galaxia e torcen moi suavemente cara o centro desta.[5]

Estrutura xeral[editar | editar a fonte]

O centro da galaxia posúe unha gran barra superficial brillante, con catro fiaños en espiral que parten dende o final desta barra. Os brazos da espiral son asimétricos, un destes brazos, cara o nordés é moito máis brillante que os seus homólogos do lado contrario da espiral. Os brazos en espiral posúen numerosas rexións de formación de estrelas, algunhas da cales acadan tamaños aparentes de 4′′.[6]

Núcleo[editar | editar a fonte]

A clasificación do núcleo de NGC 1672 non está definida. A meirande parte das galaxias poden ser clasificadas polos seus espectros electromagnéticos, caendo nun dos tres seguintes tipos de núcleos:[7]

  • Unha rexión nuclear HII, unha rexión que ten un espectro semellante o das rexións de formación de estrelas da nosa Vía Láctea, e polo tanto está asociado coa actividade de formación de estrelas.
  • Un núcleo tipo Seyfert, un tipo de núcleo galáctico activo que posiblemente conteña un supermasivo burato negro.
  • Unha rexión nuclear cunha baixa liña de emisión de ionización, unha rexión cunha liña espectral de emisión moi feble para o gas ionizado, a cal podería conter tanto unha rexión de formación de estrelas coma un burato negro.

NGC 1672, pola contra, parece non encaixar en ningún destes tres tipo e o seu espectro parece unha mestura destes tres tipos de núcleos.[7] É moi posible que conteña tanto un núcleo galáctico moi activo coma unha rexión de formación de estrelas. Nalgunhas bandas de absorción (tal coma o caso do ultravioleta próximo), as rexións de formación de estrelas son a principal fonte de emisión (e non así o gas ionizado).[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 "NASA/IPAC Extragalactic Database". Results for NGC 1672. http://nedwww.ipac.caltech.edu/. Consultado o 27-05-2012.
  2. HubbleSite (27-05-2012). "Hubble's View of Barred Spiral Galaxy NGC 1672". http://hubblesite.org/newscenter/archive/releases/2007/15/fastfacts/.
  3. Huchra, J. P.; Geller, M. J. (15-05-1982). "Groups of galaxies. I - Nearby groups". Astrophysical Journal 257 (Part 1): 423–437. Bibcode 1982ApJ...257..423H. DOI:10.1086/160000.
  4. Maia, M. A. G.; da Costa, L. N.; Latham, David W. (Abril do 1989). "A catalog of southern groups of galaxies". Astrophysical Journal Supplement Series 69: 809–829. Bibcode 1989ApJS...69..809M. DOI:10.1086/191328. ISSN 0067-0049.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Beck, R.; Shoutenkov, V.; Ehle, M.; Harnett, J. I.; Haynes, R. F.; Shukurov, A.; Sokoloff, D. D.; Thierbach, M. (agosto do 2002). "Magnetic fields in barred galaxies. I. The atlas". Astronomy and Astrophysics 391 (1): 83–102. Bibcode 2002A&A...391...83B. DOI:10.1051/0004-6361:20020642. arXiv: astro-ph/0207201
  6. A. Sandage, J. Bedke (1994). Carnegie Institution of Washington, ed. Carnegie Atlas of Galaxies. Washington, D.C. ISBN 0-87279-667-1. 
  7. 7,0 7,1 P. Veron, A. C. Goncalves, M. P. Veron-Cetty (1997). "AGNs with composite spectra". Astronomy and Astrophysics 319: 52–66. Bibcode 1997A&A...319...52V.
  8. A. L. Kinney, R. C. Bohlin, D. Calzetti, N. Panagia, R. F. G. Wyse (1993). "An atlas of ultraviolet spectra of star-forming galaxies". Astrophysical Journal Supplement Series 86: 5–93. Bibcode 1993ApJS...86....5K. DOI:10.1086/191771.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: NGC 1672