Nova Acta Científica Compostelana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «NACC»)

Nova Acta Científica Compostelana
PaísEspaña
Lugar de publicaciónSantiago de Compostela
LinguaCastelán, inglés, galego
CategoríaRevista científica
EspecialidadeBioloxía e outras ciencias
AbreviaturaNACC
Fundación1990
Desenvolvemento
EditorUniversidade de Santiago de Compostela
Circulación
FrecuenciaAnual
editar datos en Wikidata ]

Nova Acta Científica Compostelana (NACC) é unha revista científica da Universidade de Santiago de Compostela, resultado da refundación e remodelación da antiga revista Acta Científica Compostelana (ACC).

O seu primeiro número apareceu en 1990.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Antecedente: Acta Científica Compostelana[editar | editar a fonte]

A revista é o resultado da remodelación da antiga revista Acta Científica Compostelana, que se publicou, con periodicidade anual,[2] desde 1964 a 1986,[3] dedicada ás grandes áreas científicas das Ciencias Exactas e as Ciencias Biolóxicas. O progresivo crecemento da Universidade de Santiago fixo que Acta Científica Compostelana se diversificase cada vez máis, acollendo nas súas páxinas traballos das máis variadas especialidades de Química, Matemáticas, Bioloxía, Farmacia, Medicina e Física. Esta extraordinaria diversificación aconsellou en 1986 unha remodelación da mesma, coa que se pretendía estruturar, en formato de seccións, as diferentes áreas científicas mencionadas.[1]

Nestes anos foi editor da revista o profesor Francisco Bermejo Martínez,[4]

Artigos publicados[editar | editar a fonte]

  • Ano 1964, Número 1
  • Ano 1965, Número 2
    • José Ramón Masaguer Fernández: "Fosfato de tributilo (TBP) como disovente", páxs. 75-100.
    • Francisco Bermejo Martínez e Alfredo Margalet Barral: "Aplicaciones analíticas de la bis-glicin-diclorofluoresceina como un nuevo indicador metalfluorocrómico en quelometría", páxs. 101-112.
    • Enrique Vidal Abascal: "Una fórmula integral para las superficies de curvatura constante", páxs. 113-115.
    • "Vida universitaria: el Dr. D. José Ramón Masaguer Fernández: catedrático de química inorgánica", páxs. 117-121.
  • Ano 1966, Número 3
    • Francisco Bermejo Martínez e Ángel Gabriel Blas Pérez: "Nuevas aplicaciones analíticas de los ácidos Etiler-Diamino-Tetraacético y 1,2-Diaminociclohexano-Tetraacético", páxs. 129-138.
    • Francisco Bermejo Martínez e María del Carmen Meijón Mouriño: "Aplicaciones analíticas del ácido tiomálico", páxs. 139-152.
    • Ramón María Aller Ulloa: "Valores inadmisibles para una media aritmética", páxs. 153-161.
    • "Vida universitaria: biografía del profesor T. Batuecas", páxs. 163-183.
  • Ano 1967, Número 4
    • María Inmaculada Paz Andrade: "Propiedades termodinámicas de mezclas binarias: Calores de mezcla", páxs. 117-130.
    • Antonio Durán López: "Contribución a la química de la retamina", páxs, 131-148.
    • María Elsa Martínez Fernández: "Cobre en los suelos de la provincia de La Coruña", páxs. 149-170.
    • Vida universitaria: el Dr. D. Miguel Ángel Herraez Zarza", páxs. 171-177.

Para consultar os artigos publicados nos anos 1968-1986, ver aquí.

Refundación[editar | editar a fonte]

Así foi como, tras unha interrupción de tres anos (1987-1989), en 1990, viu a luz o primeiro volume de Nova Acta Científica Compostelana. Bioloxía, unha revista de fusión, pois non só incorporaba a grande área das ciencias biolóxicas da antiga Acta Científica Compostelana, senón que, ademais, integraba outra revista da Universidade de Santiago, do mesmo ámbito científico, Trabajos compostelanos de Biología (1971-1986). Esta revista, dirixida na súa última época (1982-1987) polo profesor Jesús Izco Sevillano, nacera coa finalidade específica de dar difusión ás investigacións realizadas polos Departamentos das Facultades de Ciencias e de Farmacia da USC.[1]

Durante máis de 20 anos (1990-2011), de forma ininterrompida e con periodicidade anual, grazas á dirección do profesor José Luis Pérez-Cirera López-Niño e dos seus diferentes equipos editoriais, Nova Acta Científica Compostelana. Bioloxía, representou un vehículo de difusión e fonte de información para os investigadores das distintas áreas de coñecemento do campo da Bioloxía. No ano 2012, tal e como xa ocorrera coa antiga Acta Científica Compostelana, fíxose necesaria unha reestruturación da mesma, en idéntica dirección, é dicir, acoutando novamente as especialidades que constituirán as súas áreas temáticas. Os directores, atendendo á súa traxectoria máis recente, decidiron delimitar o seu ámbito de interese á investigación nas áreas da Biodiversidade Animal, Vexetal e á Ecoloxía. Ademais, facendo honor á tradición da desaparecida Acta Científica Compostelana, quixo rescatar a súa antiga función de divulgación científica, xa que é sobre todo aos científicos aos que corresponde primordialmente esta tarefa.[1]

Edición dixital[editar | editar a fonte]

Todo isto sucedeu en circunstancias difíciles para o mundo editorial, e xusto nun instante en que a USC, en consonancia coas dificultades económicas e as novas tendencias editoriais, fixo que a revista apostara decididamente polo formato dixital e a filosofía do acceso aberto ao coñecemento.[1] Por iso a revista estreou unha nova etapa no portal dixital de revistas da Universidade compostelá, Rev{USC}, baixo a codirección dos profesores Mª Jesús Aira e Marcos González, e cun novo deseño. O director do Servizo de Publicacións, Juan L. Blanco Valdés, salientou como importante novidade que a revista non se edita como un todo, senón que vai publicando os traballos unha vez revisados e aprobados polos avaliadores externos, dando así resposta á necesidade de inmediatez na comunicación do coñecemento científico.[3]

Os artigos publicados nos anos 1967-2018 poden consultarse aquí.

Equipo editorial[editar | editar a fonte]

O actual equipo editorial está formado por:[5]

Directores/as[editar | editar a fonte]

  • Mª Jesús Aira, Departamento de Botánica, Facultade de Farmacia, Universidade de Santiago de Compostela, España
  • Marcos González, Departamento de Zooloxía e Antropoloxía Física, Facultade de Bioloxía, Universidade de Santiago de Compostela, España

Comité editorial[editar | editar a fonte]

  • H. Marina Aboal Sanjurjo, Laboratorio de Algología. Facultad de Biología. Universidad de Murcia, España
  • Esperanza Beltrán Tejera, Departamento de Biología Vegetal (Botánica), Facultad de Farmacia, Universidad de La Laguna, España
  • Marina Blas Esteban, Facultat de Biologia, Universitat de Barcelona, España
  • Adolfo Cordero Rivera, Grupo ECOEVO, Universidade de Vigo, España
  • Benigno Elvira Payán, Departamento de Zoología y Antropología Física, Facultad de Biología, Universidad Complutense de Madrid, España
  • Giovanni Furnari, Dipartimento di Scienze biologiche, geologiche e ambientali, Università di Catania, Italia
  • Joaquim Gosálbez Noguera, Departament de Biologia Animal, Universitat de Barcelona, España
  • Manuel A. Graça, Departamento de Ciências da Vida, Universidade de Coimbra, Portugal
  • Mercedes Herrera Gallástegui, Departamento de Biología Vegetal y Ecología, Facultad de Ciencia y Tecnología, Universidad del País Vasco, España
  • Jesús Izco, Departamento de Botánica. Facultad de Farmacia, Universidad de Santiago de Compostela, España
  • Jean-Jacques Lazare, Centre d´Etude et de Conservation des Ressources Végétales, Bayonne, Francia
  • Xurxo Mariño Alfonso, Neurocom, Universidade da Coruña, España
  • Gabriel Moreno Horcajada, Dpto. Biología Vegetal (Botánica), Universidad de Alcalá de Henares, España
  • José Ramón Obeso Suárez, Unidad de Investigación de Biodiversidad (UO-CSIC-PA), Universidad de Oviedo, España
  • Mª Angeles Ramos Sánchez, Departamento de Biodiversidad y Biología Evolutiva, Museo Nacional de Ciencias Naturales (C.S.I.C.), Madrid, España
  • Cecilia Sergio, Jardim Botânico, Museu Nacional de História Natural, Universidade de Lisboa, Portugal
  • Alberto M. Stchigel, Departament de Ciencies Médiques Basiques, Universidad Roviri i Virgili, España
  • José Templado González, Museo Nacional de Ciencias Naturales (C.S.I.C.), Madrid, España
  • José Manuel Viéitez Martín, Departamento de Zoología y Antropología Fisica, Universidad de Alcalá de Henares, España

Política editorial[editar | editar a fonte]

Temática e alcance[editar | editar a fonte]

NACC: Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía) é unha revista de carácter anual que publica traballos orixinais e inéditos de investigación, en forma de artigos e notas, sobre biodiversidade animal, vexetal e ecoloxía. Enténdese por artigo o traballo científico cuxa extensión sexa superior a tres páxinas de revista e estea articulado en apartados. As notas son traballos non articulados en apartados, cunha extensión inferior a catro páxinas (ilustracións incluídas).

Ademais a revista publica, nas súas correspondentes seccións, traballos de divulgación, recensións de libros e todas aquelas noticias de carácter científico que sexan consideradas de interese polo Comité Editorial. Os traballos de divulgación non terán que cinguirse forzosamente aos campos científicos anteriormente mencionados, senón que poderán referirse tamén a outras especialidades científicas, preferentemente relacionadas co ámbito da bioloxía.[6]

Proceso de revisión por pares[editar | editar a fonte]

Os traballos presentados a Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía) son sometidos á avaliación confidencial dos revisores anónimos (sistema de duplo anonimato autor/revisor) designados polo Comité Editorial, que poderá considerar tamén a elección de revisores suxeridos polo propio autor. Nos casos de discrepancia recorrerase á intervención dun terceiro avaliador.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]