Nafarroa Bai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «NA-BAI»)
Nafarroa Bai (NaBai)
Coalición de EA, PNV, Aralar e Batzarre en Navarra
Dirixentes e organización
LíderDirección colexiada
MocidadesGazteok Bai
Filiación internacionalEA forma parte da Alianza Libre Europea
PNV forma parte do Partido Demócrata Europeo
Historia
Fundación2003
Disolución2015
Posicións políticas
IdeoloxíaNacionalismo vasco
Esquerda
Outros datos
SedePraza del Castillo 32, 1º esquerda.
31001 Pamplona
Na rede
www.nafarroabai.org

Nafarroa Bai ("Navarra Si" en éuscaro) foi unha candidatura conxunta de partidos vasquistas, vinculados na súa maioría ó nacionalismo vasco (Aralar, Eusko Alkartasuna, Batzarre e EAJ-PNV), de Navarra e un sector notable de independentes ligados a sectores progresistas de Navarra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

A candidatura foi formada co obxectivo de capitalizar todo o voto vasquista e progresista en Navarra de cara ás eleccións xerais de 2004, e estivo integrada inicialmente polos partidos Aralar, Eusko Alkartasuna, Batzarre e EAJ-PNV, e por un número importante de independentes.[1][2] Nafarroa Bai logrou representación no Congreso dos Deputados, en concreto unha deputada sobre un total de cinco escanos, Uxue Barkos, quen encabezaba a candidatura nos comicios.[3]

A votación obtida, 17,98% e 61.045 sufraxios é a máis alta alcanzada por unha opción nacionalista vasca nunhas eleccións xerais en Navarra e pon fin a 18 anos sen presenza do nacionalismo vasco pola Comunidade Foral no Congreso dos Deputados. A anterior vez correspondeu a Herri Batasuna, en 1986 con 37.998 votos e o 13,91%

Nafarroa Bai tamén está formada por un grupo notable de independentes ligados á esquerda e o progresismo de Navarra. De feito, ningunha das persoas que aparecía nas listas electorais de 2004 pertence aos catro partidos firmantes do pacto da coalición.

Tralos resultados de marzo de 2004 marcouse como obxectivo establecer unha alianza estable como organización política e presentarse tamén ás eleccións municipais e forais de 2007.

Con este fin invitouse formalmente a Esquerda Unida de Navarra a participar nas candidaturas, opción que rexeitou publicamente esta organización.

Así mesmo, e ante unha eventual participación do espazo abertzale afín a Batasuna, teñen existido contactos entre os partidos. Porén, tanto Nafarroa Bai como Herri Batasuna acusan ao contrario de obstaculizar o acordo e esta alianza non frutificou e fixo que non concorreran unidas ás eleccións de maio de 2007.

En calquera caso, Nafarroa Bai estableceu como obxectivo evitar que a dereita españolista representada por Unión del Pueblo Navarro conserve o goberno navarro, e ten declarado publicamente que pactará co Partido Socialista de Navarra se é necesario.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ubarretxena, Aitor (29 de maio de 2007). "La irrupción de Nafarroa Bai dibuja un nuevo mapa navarro". Diario de Córdoba (en castelán). Consultado o 28/10/2020. 
  2. Nieto, Fernando (23 de decembro de 2003). "PNV, EA y Aralar concurrirán de forma conjunta en Navarra a las generales". La Voz de Galicia. Consultado o 28/10/2020. 
  3. Muez, Mikel (15 de marzo de 2004). "UPN recibe un fuerte voto de castigo e irrumpe Nafarroa Bai en el Congreso". El País (en castelán). Consultado o 28/10/2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]