Saltar ao contido

Núria Bendicho Giró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNúria Bendicho Giró

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1995 Editar o valor en Wikidata (28/29 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor en Wikidata

Twitter: bitxarraca Editar o valor en Wikidata

Núria Bendicho Giró, nada en Barcelona en ​​1995, é unha escritora catalá.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou estudos de Filoloxía Clásica pero licenciouse en Filosofía pola Universidade de Barcelona.[2] En 2020, participou no Premio Anagrama cun texto que non resultou gañador, pero que o xurado "recomendou a súa publicación". En 2021 publicou finalmente Terres mortes, a súa primeira novela, na Editorial Anagrama, que foi finalista no XXII Premio do Libro de Literatura Catalá e tamén finalista no Premio Òmnium á mellor novela do ano, do premio Finestres e do premio Llibreter.[3][4] A obra foi descrita como un drama rural extremo, con aires de Rodoreda, Faulkner, Víctor Català e/ou Bernhard.[5] O título fai referencia a Terra baixa, de Àngel Guimerà.[6] Ela conta que sempre lle custou moito que lle dixeran o que tiña que ler, por iso vai á biblioteca e escolle o que lle apetece. Cando atopa algo que lle gusta, "podo lelo até seis veces".[7]

En agosto de 2022 participou en "Un verán en Galeusca", un proxecto impulsado, por cuarto ano consecutivo, entre VilaWeb, Berria e Nós Diario co relato "Bestiario".[7]

  1. "Quan no tens cor no se’t pot trencar res". Núvol (en catalán). Consultado o 2022-08-11. 
  2. lecturalia.com. "Núria Bendicho Giró: libros y biografía autora". Lecturalia (en castelán). Consultado o 2022-08-11. 
  3. "Núria Bendicho Giró, nominada per al XXII Premi Llibreter de Literatura Catalana". Editorial Anagrama (en catalán). Consultado o 2022-08-11. 
  4. "Òmnium fa públics els nou finalistes al seu premi a la millor novel·la de l’any". La Vanguardia (en catalán). 2021-11-11. Consultado o 2022-08-11. 
  5. "Núria Bendicho debuta con un drama rural extremo". La Vanguardia (en castelán). 2021-02-16. Consultado o 2022-08-11. 
  6. "Núria Bendicho debuta con un drama rural extremo". La Vanguardia (en castelán). 2021-02-16. Consultado o 2022-08-11. 
  7. 7,0 7,1 Bendicho Giró, Núria (11 de agosto de 2022). "Bestiario". Nós Diario. 
  8. lecturalia.com. Tierras muertas - Núria Bendicho Giró (en castelán).