Número de Abbe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na física, e na óptica, o número de Abbe dun material transparente e unha cantidade adimensional que xorde ao comparar o índice de refracción de dito material a distintas frecuencias, resultando ser así, a medida da dispersión do material (variación do índice de refracción coa lonxitude de onda) en relación co índice de refracción.

Recibe este nome en homenaxe ao físico alemán Ernst Abbe (18401905) que o definiu.

Sendo o número de Abbe, V:

onde nD, nF e nC son os índices de refracción do material nas lonxitudes de onda correspondentes as liñas de Fraunhofer D-, F- e C- (589,2 nm, 486,1 nm e 656,3 nm respectivamente).

Clasificación de materiais transparentes[editar | editar a fonte]

Un diagrama de Abbe do número de Abbe versus o índice de refracción para unha gama de vidros diferentes (puntos vermellos). As lentes son clasificadas utilizando a letra (correspondente a clasificación de vidros SCHOTT) e o seu número de código para indicar a súa composición e posición no diagrama.

Os números de Abbe úsanse para clasificar vidros e outros tipos de materiais transparentes. Materiais con baixa dispersión terán un número de Abbe grande. Así, canto maior sexa o número de Abbe, mellor será a calidade da lente (terá menor dispersión de luz de diferentes cores). Unha boa lente adoita corresponder a valores de V superiores a 40. Valores máis baixos, en torno a 20, corresponden a vidros flint moi densos, e ao redor de 30 a policarbonato. Por tipos de vidro, o vidro flint ten valores de V< 50, mentres que para o vidro crown V >50. O número de Abbe e só unha medida útil da dispersión da luz visible, e para outras lonxitudes de onda, ou para un traballo de maior precisión, utilizase a dispersión da velocidade de grupo.

A clasificación dos materiais faise por medio dun diagrama de Abbe, no que cada material ven representado por un punto na gráfica onde o seu número de AbbeVd correlacionase co seu índice de refracción nd. As lentes poden ser clasificadas pola súa composición e posición no diagrama, podendo dar lugar a unha lista -ou número de código-, como acontece no Catálogo de vidro Schott, ou un código de vidro de seis díxitos. O Número de Abbe úsase para calcular as lonxitudes focais necesarias para a coordinación das lentes de dobrete acromático, reducindo así ao mínimo a aberración cromática.