Nó sinusal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nódulo sinusal»)
Nó sinusal
Sistema de condución eléctrica do corazón:
  1. Nó sinusal
  2. Feixe de Bachmann
  3. Tracto internodal anterior
  4. Tracto internodal medial
  5. Tracto internodal posterior
  6. Nó auriculoventricular
  7. Feixe de His
  8. Rama deita
  9. Rama esquerda
  10. Feixe anterior esquerdo
  11. Feixe posterior esquerdo
  12. Fibras de Purkinje

Micrografía de alto aumento do nó sinusal (Nó SA). Corte tinguido con hematoxilina e eosina. O tecido adxacente é unha fibra nerviosa, o nó sinoatrial interactúa co nervio vago.
Latín Nodus sinuatrialis
Gray's pág.
Sistema Circulatorio
Arteria Arteria nodal sinoauricular (rama da Arteria coronaria dereita)
Vea Vea nodal sinoauricular (rama da Vea coronaria dereita)
Nervio(s) Vago (X)
Linfa Plexo linfático subepicárdico
Precursor miocardio primario[1]

O nó sinusal, ou nó sinoauricular,[2] (abreviado SA), tamén chamado nó sinoatrial ou de Keith e Flack, é unha das estruturas que compón o sistema de condución do corazón; recibe o nome común de «marcapasos do corazón». Polo xeral, é onde se orixina o impulso eléctrico que da orixe ao latexo cardíaco. Atópase na parede posterolateral superior da aurícula dereita, xusto debaixo da desembocadura da vea cava superior. É unha estrutura fusiforme dende o punto de vista morfolóxico, cun tamaño proporcional ao tamaño do corazón, o cal varía entre os 5 mm e os 30 mm, cunha media de 15 mm de extensión por 5 mm de grosor, variando de 1,5 mm a 5 mm.

Histoloxicamente atópase formado por un conxunto de células (células P, células transicionais e células da fibra de Purkinje) en íntima relación con fibras do sistema nervioso autónomo e fibras coláxenas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Departamento de embrioloxía. "Desenvolvemento do corazón" (PDF). Proxecto docente 2010 (México: Facultad de Medicina de la UNAM). Consultado o 6 de abril de 2012. [Ligazón morta permanente]
  2. Diccionario galego de termos médicos

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]