Naufitus Idilbi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Néophytos Edelby»)
ناوفيطوس إدلبي
(Naufitos Idilbi)
Arcebispo da Igrexa católica greco-melquita
Biografía
Nacemento10 de novembro de 1920 en Alepo, Siria
Pasamento10 de xuño de 1995
Ordes
Ordenación sacerdotal20 de xullo de 1944
Consagración episcopal25 de febreiro de 1962, por Máximo IV Sair
Orde relixiosaOrde Basiliana Alepina
Arcebispo de Alepo
1968 - 1995

Naufitos Idilbi,[1] B.A. (en árabe: ناوفيطوس إدلبي), nado en Alepo o 10 de novembro de 1920 e finado o 10 de xuño de 1995, foi un relixioso católico greco-melquita sirio, arcebispo de Alepo dende 1968 até o seu pasamento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 10 de novembro de 1920 en Alepo[2] (entón parte do Estado de Alepo baixo dominio francés, na presente Siria). O 20 de xullo de 1944 foi ordenado sacerdote da Orde Basiliana Alepina.[2]

O 5 de decembro de 1961 foi elixido bispo auxiliar do patriarcado greco-melquita de Antioquía, e o 24 de decembro foi nomeado arcebispo titular de Edesa en Osroena.[2] Recibiu a consagración espiscopal en Beirut o 25 de febreiro de 1962 polo patriarca Máximo IV, e tivo como co-consagrantes principais ao bispo de Balbik Yusif Maluf e ao arcebispo de Beirut e Biblos Filib Naba.[2] Como bispo auxiliar do patriarcado foi pai conciliar en todas as sesións do Concilio Vaticano Segundo entre 1962 e 1965, destacando especialmente nos debates para a elaboración da constitución Dei Verbum remarcando o papel do Espírito Santo na Revelación cristiá e nas Escrituras.[3][4][5][6]

O 6 de marzo de 1968 foi nomeado arcebispo de Alepo.[2] Permaneceu no cargo até o seu pasamento o 10 de xuño de 1995.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tamén coñecido pola romanización francesa Néophytos Edelby.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Annuario pontificio. Libreria Editrice Vaticana. 1991. p. 104. Néophytos Edelby, B.A., n. in Alep 10 nov. 1920; ord. 20 lu. 1944; el, alla Ch. tit. Arciv. di Edessa di Osroene dei Greci Melkiti Cattolici 5 dic. 1961; conf. 24 dic. 1961; cons. 25 febb. 1962; tr. 6 mar. 1968. 
  3. Witherup, Ronald D. (2006). Scripture: Dei Verbum. Paulist Press. p. 24. ISBN 9780809144280. 
  4. Rush, Ormond (2019). The Vision of Vatican II: Its Fundamental Principles (en inglés). Liturgical Press. p. 63. ISBN 9780814680995. 
  5. Pedraza, Brian (2020). Catechesis for the New Evangelization: Vatican II, John Paul II, and the Unity of Revelation and Experience. CUA Press. p. 54. ISBN 9780813232737. 
  6. Biord Castillo, Raúl (1998). La resurrección de Cristo como revelación: análisis del tema en la teología fundamental a partir de la Dei Verbum. Gregorian Biblical BookShop. pp. 112–115. ISBN 9788876527883. 
  7. Dick, Ignace (2005). Chretiens en Syrie: heritiers de l'eglise antique au cœur de l'islam et a la point de l'œcumenisme. p. 137. Son Excellence Mgr Néophytos Edelby, métropolite grec-melkite catholique d'Alep est décédé subitement le 10 juin 1995.