Saltar ao contido

Néa Ellinikí Radiofonía, Ínternet kai Tileórasi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Néa Ellinikí Radiofonía, Ínternet kai Tileórasi
Logotipo
 Instancia de
 Texto lema
Κάτι νέο ξεκινά Editar o valor en Wikidata
Características
 Forma xurídica
 Produto ou servizo
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
 Presidente/a
Giorgos Prokopakis (en) Traducir 2013 2014
Antonis Makrydimitris (en) Traducir 2014 2014
Petros Mais (en) Traducir 2014 2015 Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
26 de xullo de 2013 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
11 de xuño de 2015 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
4 de maio de 2014 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
 Substituído por
Localización
 Situado en
 Sede
 Lugar de formación
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/0vzt9fp Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata

Néa Ellinikí Radiofonía, Ínternet kai Tileórasi (Νέα Ελληνική Ραδιοφωνία, Ίντερνετ και Τηλεόραση; en galego Nova Radio, Internet e Televisión Grega), tamén coñecida polas súas siglas NERIT (ΝΕΡΙΤ), é a corporación nacional de radiodifusión pública da Grecia, sucesora da Ellinikí Radiofonía Tileórasi (ERT), que pechou o 12 de xuño de 2013. Foi fundada polo goberno grego coa lei 4173 do 26 de xuño de 2013.

Características

[editar | editar a fonte]

As canles do grupo comezaron a funcionar o 4 de maio de 2014. A súa sede central é a mesma que a da ERT, e empregáronse 800 traballadores, un terzo dos traballadores do grupo anterior.

Presidente Antonis Samarás.

A empresa constituíuse pouco despois de que o goberno grego de Antonis Samarás anunciase o peche da Ellinikí Radiofonía Tileórasi (ERT), unha empresa de radiodifusión pública existente dende 1938. A medida supuxo o despido do seus 2 656 empregados e o peche de tódolos seus servizos, entre os que estaban cinco canles de televisión (ERT1,NET, ET3, ERT HD e ERT World) e sete emisoras de radio, para aforrar 300 millóns de euros.

Logotipo do terceiro canle público da extinta ERT.
Logotipo do canle de Alta Definición que tiña o grupo ERT.

Á espera dunha organización empresarial definitiva, NERIT operaba unha rede de televisión, de carácter xeneralista: DT - Dimosia Tileorasi (AT - Δημόσια Τηλεόραση, a televisión pública), que é transmitida en dúas canles (SDTV e HDTV).

NERIT, o 1 de xaneiro de 2014, comezou a aplicar unha taxa de licenza de televisión, mediante a retención dunha porcentaxe monetaria en tódalas facturas de enerxía eléctrica emitidas. Este método de financiamento foi causa de protestas en Grecia dende que todas as facturas de enerxía eléctrica emitidas en Grecia comezaron a incluír a dita da taxa, independentemente de se tratar de particulares ou entidades públicas (por exemplo, oficinas municipais).

Na actualidade o ente xestiona dúas canles de televisión e dúas emisoras de radio. Dende o 22 de xaneiro de 2014 forma parte como membro efectivo na Unión Europea de Radiodifusión.

Canles de Radio:

  • NERIT Radio 1 (Proto prógramma): Emisora xeneralista, con espazos de noticias.
  • NERIT Radio 3 (Tríto prógramma): Emisora informativa e cultural.

Canles de Televisión:

  • NERIT 1: Canle de televisión, cunha programación xeneralista e de espazos de servizo público. A súa oferta é semellante á antiga NET.
  • NERIT Sports: Entrou ó ar o 15 de maio de 2014.
  • NERIT HD: Canle en Alta Definición. En Grecia atópase na TDT na frecuencia 52 dixital, como tamén nas plataformas de pago gregas de satélite NOVA TV e OTE TV.

Este ente tamén encárgase do canal do parlamento Vouli Tileorasi.

Dirección

[editar | editar a fonte]

NERIT A.E é organizada por dous órganos dependentes do goberno.

  • Consello de vixilancia: Theodoros Fortsakis (presidente), Anna Damianidou, Andreas Zoulas, Tatiana Karapanagioti, Loukas Karytinos, Simos Simopoulos, Christos Chomenidis.
  • Consello Directivo: Georgios Prokopakis (presidente e Administrador Delegado), Ekaterini Evagelakou, Theodoros Karounos, Nikolaos Xanthoulis, Konstantinos Polyzogopoulos.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]