Músculo bucinador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Músculo da meixela ou bucinador
Orixe Proceso alveolar do maxilar superior e da mandíbula, articulación temporomandibular
Inserción    Nas fibras do músculo orbicularis oris
Vascularización arteria bucal
Innervación rama bucal do nervio facial
Accións Comprime as fazulas
Axuda na mastigación


O músculo bucinador[1][2] (Musculus buccinator) é un músculo ancho e plano que se atopa na fazula, detrás do músculo maseter.

Insercións do bucinador[editar | editar a fonte]

Insírese, detrás do bordo alveolar do óso maxilar e da mandíbula; na lámina medial da apófise pterigoidea e no ligamento pterigomandibular; adiante na mucosa da comisura labial; tamén está atravesado por unha rama do nervio facial.

Funcións[editar | editar a fonte]

A súa función principal é dar forma á cara, agrandar a fenda bucal e exercer presión sobre a cavidade bucal (asubío). Tira cara a atrás o canto da boca, aumentando o seu diámetro transversal; intervén na acción de asubiar, soprar, succionar, tocar instrumentos de vento ou acomodar o alimento nas superficies oclusais dos dentes posteriores.

Innervacións[editar | editar a fonte]

Innervado polo nervio bucal, rama do temporobucal (V3 do trixemino)(Sensorial). Innervado polo VII nervio cranial (nervio facial) (motor).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Dicionario". Real Academia Galega. Consultado o 2022-05-20. 
  2. "bUSCatermos; bucinador". aplicacions.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]