Myrna Mack

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMyrna Mack
Biografía
Nacemento24 de outubro de 1949 Editar o valor em Wikidata
Departamento de Retalhuleu, Guatemala Editar o valor em Wikidata
Morte11 de setembro de 1990 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Cidade de Guatemala Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGuatemala Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de São Carlos da Guatemala (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónantropóloga , Activista polos dereitos humanos Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosLucrecia Hernández Mack (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsHelen Mack Chang (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Myrna Mack Chang, nada o 24 de outubro de 1949 e finada o 11 de setembro de 1990, foi unha antropóloga guatemalteca.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu no Barrio San Nicolás, departamento de Retalhuleu, nunha familia con ascendencia chinesa. Estudou antropoloxía no Reino Unido na Universidade de Mánchester e na Universidade de Durham.

Ao seu regreso a Guatemala dedicouse a dirixir o traballo de campo en varias comunidades rurais desarraigadas pola guerra civil dese país centroamericano. En 1986 en conxunto con algúns compañeiros e colegas de Inforpress Centroamericana, funda a Asociación para el Avance de las Ciencias Sociales.

Morte[editar | editar a fonte]

Marco Vinicio Cerezo Arévalo, responsábel político da morte de Myrna Mack.

Foi asasinada fronte á súa oficina na Cidade de Guatemala, acoitelada 27 veces, por un escuadrón da morte das Forzas Armadas de Guatemala (supostamente creado pola Escola das Américas) baixo o réxime do demócrata cristián Marco Vinicio Cerezo (presidente entre 1986 e 1991). En abril de 2004, despois dun xuízo dirixido pola Corte Interamericana de Dereitos Humanos e grazas á tenaz actividade da súa irmá Helen Mack, o goberno de Guatemala recoñeceu publicamente que os seus axentes cometeran o asasinato e implementaron medidas de reparación á súa familia.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O 16 de novembro de 1973 nace a súa filla Lucrecia Hernández Mack,[1] que en 2016 converteuse na primeira muller á fronte do Ministerio de Saúde de Guatemala.[2]

Fundación Myrna Mack[editar | editar a fonte]

En 1993, a súa irmá Helen Mack creou a Fundación Myrna Mack, na súa memoria. A institución foi financiada inicialmente cos fondos provenientes do Right Livelihood Award, coñecido como o premio Nobel Alternativo da Paz outorgado a Helen en decembro de 1992. A fundación traballou inicialmente para esclarecer o asasinato de Myrna Mack e o doutros desaparecidos por mor da guerra civil de Guatemala.[3] Na actualidade ten como obxectivo contribuír á construción do Estado Democrático de Dereito neste país.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Biografía de Myrna Mack". avancso.org.gt. Consultado o 27 de xullo de 2016. 
  2. "Hija de la antropóloga asesinada Mirna Mack, es la nueva Ministra de Salud Pública". 26 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2016. Consultado o 27 de xullo de 2016. 
  3. "Helen Mack recibe el Premio Rey de España de Derechos Humanos". Universia. 2007. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2016. Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  4. "Objetivos de la Fundación Myrna Mack". www.myrnamack.org.gt. Consultado o 6 de agosto de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]