Myriam Ben

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Myriam Ben
AlcumeMyriam Ben
Nacemento10 de outubro de 1928 e 1928
Lugar de nacementoAlxer
Falecemento19 de novembro de 2001
Lugar de falecementoVesoul
NacionalidadeAlxeria
Ocupaciónescritora e poeta
editar datos en Wikidata ]

Myriam Ben, nada en Alxer o 10 de outubro de 1928 e finada en Vesoul o 19 de novembro de 2001, foi unha activista, militante, novelista, poeta e pintora alxerina. Naceu como Marylise Ben Haïm en Alxer o 10 de outubro de 1928.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu pai era un comunista que servira no exército francés durante a revolución de outubro, e a súa nai era música.[1] Criouse nun fogar non relixioso, lembrando máis tarde que tiña sete anos antes de darse conta de que a súa familia era xudía. En 1940, o réxime francés de Vichy revogou o Decreto Crémieux, do século XIX, privando aos xudeus alxerinos da cidadanía e provocando a expulsión de Ben do liceo ao que estivera asistindo en Alxer. Asistiu brevemente a unha escola xudía, pero completou a súa educación en casa debido á oposición do seu pai ao sionismo.

Mesmo a unha idade temperá, Ben participou activamente na causa da xustiza social, particularmente combatendo a pobreza entre a poboación indíxena de Alxeria .[1] Aos 14 converteuse na presidenta da Mocidade Comunista. Tamén participou activamente na Unión de Mulleres, e a través do patrocinio da organización, converteuse en mestra de escola na vila de Miliana. Ela e os seus compañeiros mestres instruíron aos estudantes— maioritariamente musulmáns e empobrecidos — pero tamén se esforzaron por elevar a súa conciencia política e promover un sentido descolonizado da historia.

Ben apoiou á Fronte de Liberación Nacional (FLN) anti-francés desde o comezo da Guerra de Independencia de Alxeria, e uniuse ao grupo guerrilleiro comunista Combattants de la Libération onde axudou a transportar armas.[1] O goberno francés considerouna unha criminal e condenouna, in absentia, a 20 anos de traballos forzados; con todo, nunca foi capturada e anos máis tarde sería perdoada. Cando terminou a guerra en 1962, Ben converteuse en membro do goberno alxerino independente.

En 1991, cando Alxeria entrou nun período de guerra civil, Ben mudouse a Francia. Continuou escribindo e pintando até a súa morte en 2001.[1]

Obras[editar | editar a fonte]

Ben, que xa fora profesora, rebelde e lexisladora, comezou en 1967 a súa carreira artística como poeta, narradora, novelista e pintora.[2] Publicou varias coleccións de poesía, unha colección de contos (Ainsi naquit un homme; 1982), e unha novela (Sabrina; 1986). Tamén foi celebrada polas súas pinturas abstractas.[3]

  • Le soleil assassiné, L'Harmattan, París, 2002. ISBN 2-7475-2176-1 (poesía)
  • Au carrefour des sacrifices, L'Harmattan, París, 2000.ISBN 2738413005ISBN 2738413005 (poesía)
  • Quand les cartes sont truquées, L'Harmattan, París, 2000. ISBN 2738478654ISBN 2738478654 (memorias)
  • Leïla: Les enfants du mendiant, L'Harmattan, París, 1998. ISBN 2738468942ISBN 2738468942 (teatro)
  • Ainsi naquit un homme, L'Harmattan, París, 1993. ISBN 2738419240ISBN 2738419240
  • Sabrina, ils t'ont volé ta vie, L'Harmattan, París, 1992. ISBN 2858027080ISBN 2858027080 (novela)
  • Sur le chemin de nos pas, L'Harmattan, París, 1984. (poesía)
  • L'âme de Sabrina, L'Harmattan, París, 2001. (historia curta)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Stillman, Norman A., ed. (2015). "Ben, Myriam". Encyclopedia of Jews in the Islamic World. Brill. Consultado o 2018-10-14. 
  2. Schirmer, Robert, ed. (2003). "Ben, Myriam". Encyclopedia of African Literature. Routledge. p. 75. ISBN 9781134582235. 
  3. Salami, ed. (2013). A Companion to Modern African Art. John Wiley & Sons. p. 262. ISBN 9781118515051.