Mykhailo Drahomanov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMykhailo Drahomanov

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(uk) Михайло Петрович Драгоманов Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de setembro de 1841 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Hadiach (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte2 de xullo de 1895 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Sofía (Principado da Bulgária) Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Central de Sófia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesТолмачев
М. Галицький
Волинець
М. Гордієнко
П. Петрик
Чудак
Кирило Василенко
М. Кузьмичевський
П. Кузьмичевський
Толмачов
Українець
М. Т—ов Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
EducaciónQ56709687 Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoCiencia da literatura, historia, filosofía, economía, Estudos folclóricos (pt) Traducir e política Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Kíiv
Sofía
Xenebra Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónantropólogo , crítico literario , político , catedrático , historiador , filósofo , recompilador de contos fantásticos Editar o valor em Wikidata
EmpregadorImperial University of St. Vladimir (en) Traducir
Universidade de Sófia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa e lingua ucraína Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeDragomanova Ludmyla (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosDragomanov Svitozar (en) Traducir, Lidia Shishmanova (en) Traducir, Ariadna Trush (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisPetro Drahomanov (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Yelyzaveta Drahomanova (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsOlena Pchilka (en) Traducir e Oleksandr Petrovich Drahomanov Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Dragomanova-3 Find a Grave: 92350400 Editar o valor em Wikidata
Placa conmemorativa dedicada a Drahomanov en Sofía.

Mykhailo Petrovych Drahomanov (en ucraíno: Михайло Петрович Драгоманов) nado en Hadiach o 18 de setembro de 1841 e finado en Sofía o 2 de xullo de 1895, foi un teórico político ucraíno, economista, historiador, filósofo, etnógrafo e figura pública en Kíiv.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacido na familia nobre de Petro Yakymovych Drahomanov quen era de ascendencia cosaca, Mykhailo Drahomanov comezou a súa educación en casa, logo estudou na escola Hadiach, na escola superior Poltava e na Universidade Nacional Taras Shevchenko de Kíiv. Tamén foi tío da poeta ucraína Larysa Kosach (Lesya Ukrainka) e irmán de Olha Drahomanova-Kosach (Olena Pchilka). O tío de Drahomanov, Yakiv Drahomanov, era un membro do movemento Decembrista e prisioneiro político por participar na Sociedade secreta de Eslavos Unidos.[1] A súa muller era a famosa actriz Ludmila Dragomanova. A parella tivo unha filla, Lidia Shishmanova.[2]

Durante o traslado dos restos de Taras Shevchenko desde San Petersburgo ó outeiro Taras, Drahomanov deu un discurso sobre a súa tumba cando parou en Kíiv.

Drahomanov deu clases na Universidade de Kíiv desde 1870 a 1875, pero debido ás represións contra o movemento ucraíno, que alcanzaron o seu punto álxido en 1876 co Ems Ukaz, foi obrigado a deixar o Imperio ruso e emigrou a Xenebra. Na emigración continuou coas súas actividades políticas, académicas e editoriais. En 1885–95, foi profesor na Universidade de Sofía do seu xenro Ivan Shishmanov. Drahomanov escribiu o primeiro programa político sistemático para o movemento nacional ucraíno. El mesmo definiu as súas conviccións políticas como "socialismo ético", e estaba profundamente impresionado pola literatura socialista dende adolescente.

Hromada e socialismo[editar | editar a fonte]

Drahomanov foi un dos dirixentes da hromada de Kíiv (máis tarde coñecido como a Vella Hromada), mentres continuaba coa a súa carreira académica.[3] Sendo membro da Sociedade Xeográfica Rusa, estableceu contactos con ucraínos de Austria (en Galitzia). Baixo a súa influencia, o Círculo Académico de Lemberg (Lviv) adoptou a plataforma democrática ucraína. Como vítima das medidas represivas contra os ucraínos por parte do goberno ruso, en 1875 Drahomanov foi despedido da Universidade de Kíiv.

En 1876 Drahomanov converteuse en portavoz de Hromada no estranxeiro (Europa Occidental) mentres se instalaba en Xenebra, Suíza.[3] Entre 1878-1882 publicou a revista política ucraína Hromada e varios panfletos en ruso. Drahomanov tamén creou unha organización socialista ucraína, o Círculo de Xenebra. En 1886 a súa postura política non se aliñaba coas opinións políticas da Hromada, o que resultou nunha fenda entre eles, polo que a sociedade en Ucraína perdeu o seu apoio financeiro.

Legado[editar | editar a fonte]

O legado duradeiro de Drahomanov pode discernirse en toda a tradición ucraína de partidos políticos de esquerda e activismo político. Influíu persoalmente nunha manchea de intelectuais ucraínos máis novos na Galicia dos Habsburgo a finais da década de 1870, en primeiro lugar Ivan Franko e Mykhailo Pavlyk, que aceptaron as súas ideas aínda que as reelaboraron máis tarde segundo o seu propio molde. En 1890 estes intelectuais fundaron o primeiro partido político ucraíno, o Partido Radical Ruteno-ucraíno. O programa máximo deste partido era socialista, e polo tanto, o partido pode ser visto como un dos primeiros partidos socialistas en Europa do Leste.

Drahomanov tamén tentou popularizar unha reforma ortográfica, chamada Drahomanivka na súa honra.

En 1991, a "Universidade Pedagóxica Estatal de Kyivan co nome de Mykhaylo Drahomanov" en Kíiv foi fundada coa base da antiga "Universidade Pedagóxica Estatal de Kyivan co nome de Maxim Gorky". En 1991, a universidade obtivo o estado de "Universidade Nacional".[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Yakiv Drahomanov at the Entsyklopediia ukrainoznavstva (Enciclopedia de Ucraína)
  2. "Древните български предания и легенди – Лидия Шишманова". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2021. Consultado o 27 de febreiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 Mykhailo Drahomanov na Entsyklopediia ukrainoznavstva (Enciclopedia de Ucraína)
  4. "History of NPDU". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Hornowa E. Problemy polskie w twórczości Michala Drahomanowa. – Wroclaw, 1978.
  • Rudnytsky Ivan L. Essays in Modern Ukrainian History / Ed. por P.L. Rudnytsky. – Edmonton: Canadian institute of Ukrainian studies, Universidade de Alberta, 1987. – 499 p. Drahomanov as a Political Theorist – P. 203 – 253. The First Ukrainian Political Program: Mykhailo Drahomanovʼs “Introduction” to Hromada. – P. 255 – 281. Mykhailo Drahomanov and the Problem of Ukrainian-Jewish Relations. – P. 283 – 297.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]