Mycosphaerella fijiensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mycosphaerella fijiensis, é un fungo ascomiceto patóxeno. Xera unha enfermidade chamada de sigatoka negra, principal doenza que afecta as bananeiras.

Patoloxía[editar | editar a fonte]

Dentro das enfermidades fúnxicas que atacan a bananeira, a sigatoka negra é a máis seria a nivel mundial, a cal é causada polo fungo Mycosphaerella fijiensis Morelet.

Este fungo ataca as follas e provoca perdas de máis de 50% no rendemento. A nivel mundial o custo para o control é estimado en aproximadamente 2.500 millóns de $ americanos por ano, o que non inclúe a pegada no medio ambiente (CICY, 2004). Cando a produción de banana se realiza con fins de exportación, faise indispensábel manter a follaxe libre da enfermidade, aspecto que se logra parcialmente coa aplicación de funxicidas protectantes e sistémicos (Patiño, 2003), o que representa un custo anual de preto de 350 millóns de dólares para América Latina e 25 millóns de dólares para Colombia.[2] O seu control trae consigo non só problemas económicos, senón ambientais polo uso intensivo destes compostos.[3]

Esta doenza identificouse inicialmente en 1963, na costa do Suroeste de Viti-Levu nas illas Fidxi, aínda que hai evidencias da súa presenza no Hawai e nalgunhas zonas do Pacífico desde moito antes,[4] desde entón desprazouse cara ás zonas bananeiras do Pacífico e Asia. En América Latina a sigatoka negra descubriuse por vez primeira en Honduras en 1972, distribuíndose cara ao norte a Guatemala, Belize, o sur de México e cara ao sur como O Salvador, Nicaragua, Costa Rica, Panamá e Colombia.[5]

A enfermidade chega a causar unha redución do 56,8 % no peso do acio cando non se controla quimicamente,[6] ademais, preséntase un madurecemento prematuro dos acios o cal é a principal causa de perdas económicas ocasionadas pola enfermidade.[7] Ao anteposto agrégaselle o perigo da perda de sensibilidade do patóxeno cara aos funxicidas, dado o número limitado de químicos que existe para o seu control, feito que vén afectando de forma negativa o sistema ecolóxico da zona bananeira, a través da gran cantidade de agroquímicos que se deitan no ambiente.[8]

A sigatoka negra é causada polo fungo da clase Ascomycetes Mycosphaerella fijiensis Morelet, cuxo estado imperfecto corresponde a Pseudocercospora fijiensis;[9] por conseguinte, o axente causal pode espallarse mediante a produción de ascosporas e conidios.[10]

Aspectos epidemiolóxicos[editar | editar a fonte]

O proceso infeccioso do fungo pode iniciarse a partir de ascosporas ou conidios. O ciclo de vida do patóxeno depende as condicións atmosféricas, hóspede e variabilidade do fungo;[11] despois da xerminación das ascosporas ou conidios e a penetración da hifa a través dos estomas inicia un proceso de infección caracterizado pola aparición de seis estados de desenvolvemento dos síntomas da enfermidade. O ciclo iníciase coa xerminación das esporas, as cales, despois da súa liberación e dispersión por acción da auga ou o vento, deposítanse sobre as follas sas ou xa infectadas. Alí o inóculo xermina para producir un tubo xerminativo que se alonga e se ramifica axiña na procura de estomas, para despois penetrar nun tempo que vai de 2 a 6 horas. Para que este proceso ocorra cómpre a presenza de auga libre sobre as follas.[12]

A temperatura óptima de xerminación de estruturas oscila entre 26-28 °C, aínda que o efecto da temperatura sobre a xerminación pódese caracterizar mediante unha función cuadrática de resposta, cun óptimo estimado de 26,5 °C.[13] as precipitacións son consideradas un factor de especial relevancia na dispersión do inóculo, de maneira que se presenta unha época de baixa incidencia e outra de alta incidencia, segundo as épocas de seca ou de choiva, respectivamente.[14] As ascosporas requiren ambientes saturados ou auga libre para a súa xerminación e elongación do tubo xerminativo. As conidias en contraste xerminan a un amplo rango de humidades que vai de 92 a 100%, en tanto que as ascosporas só xerminan con humidades altas de 98 a 100%. Presúmese, que tendo en conta antecedentes de baixa cantidade de auga requirida para xerminación de conidias esta pode ser a fonte de inóculo responsábel do desenvolvemento da enfermidade en estacións secas.[13]

As ascosporas ou esporas de orixe sexual reprodúcense nas lesións adultas, é dicir, cando se presenta no feixe manchas negras arrodeadas dun halo amarelo e centro semihundido (Estadio 5), no interior dos corpos frutíferos coñecidos como ascocarpos ou seudotecios.

As conidias ou esporas de orixe asexual prodúcense sobre os conidióforos nas lesións novas, cando se observan lesións nas follas de 3 mm de lonxitude de cor café avermellado, visíbeis no feixe e no envés, denominadas chiscos (Estadio 2). Os conidios despréndense do seu talo ou conidióforo, por acción de axentes ambientais como a auga e o vento.[15]

A sigatoka negra induce danos nos tecidos da planta da bananeira dende antes de infectar a folla, posto que desde que hai contacto das estruturas de dispersión do patóxeno coa superficie da folla obsérvase desorganización dos tecidos.[16] As toxinas producidas por M. fijiensis afectan a fisioloxía das células do mesófilo e estas entran nun proceso de morte celular que se expresa nos síntomas de tacas apardadas até a cor característica de necrose entre as nervaduras secundarias da folla.[11] A presenza das lesións foliares utilízase como método de diagnóstico e seguimento da enfermidade nas plantacións comerciais.

Esfolles[editar | editar a fonte]

Chámaselle así á práctica cultural do cultivo das musáceas na que se elimina mecanicamente cunha ferramenta filosa as partes da folla infectadas con sigatoka que están en esporulación activa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mycosphaerella fijiensis". Index Fungorum (en inglés). CAB International, CBS e Landcare Research New Zealand Limited. 
  2. Peláez et al., 2006
  3. Mourichon et al., 1997
  4. Stover, 1972 citado por Aguirre, 2003
  5. Mourichon, Carlier e Fouré, 1998; Ploetz, 1999 citado por Consuegra e Lorenzo, 2004
  6. Belalcázar, 1991
  7. Marín e Romeu, 1992 citado por Salazar et al., 2006
  8. Mourichon et al., 1997; Moza et al., 2004
  9. (Morelet) (Marín, 2003)
  10. Aislant e Gámez, 2004
  11. 11,0 11,1 Sánchez e Cárdenas, 2002
  12. Merchán, 2000
  13. 13,0 13,1 Jácome e Stevenson, citados por Marín et al; 2003
  14. Belalcázar e Merchán citado por Aislant e Gámez, 2004
  15. AUGURA - Ceníbanano, 2007; Merchán, 2000 citado por Aislant e Gámez, 2004
  16. AUGURA – CENIBANANO, 2007

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

ka-negra (Mycosphaerella fijiensis)