My Heart Has a Wish That You Would Not Go

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

My Heart Has a Wish That You Would Not Go
Álbum de Aereogramme
Publicado5 de febreiro de 2007
Estudio(s)4th Street Studios, Glasgow
Duración47:10
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s)Chemikal Underground
Producido porAereogramme e Martin Doherty
Cronoloxía
Seclusion My Heart Has a Wish That You Would Not Go -

My Heart Has a Wish That You Would Not Go é o cuarto e derradeiro álbum da banda escocesa de rock alternativo Aereogramme, publicado o 5 de febreiro de 2007 a través do selo Chemikal Underground[1] en Europa e nos Estados Unidos un día despois a través de Sonic Unyon. O nome do disco está sacado da novela de 1971 de William Peter Blatty The Exorcist. O traballo foi precedido polo sinxelo "Barriers", aparecido o 29 de xaneiro e editado nun vinilo de 7" coa cara b "Dissolve".

O vocalista Craig B. revelou que a dilación entre este álbum e a anterior edición da banda, Seclusion (2004), debeuse parcialmente á perda da súa voz durante seis meses.[2]

Con respecto ás voces do álbum, Craig B. afirmou nunha entrevista en 2010 con The Skinny que, "Cando comezamos con My Heart Has a Wish, xa non tiña máis gañas de berrar. Creo que para entón xa non estaba tan enoxado e sentiríame un pouco deshonesto se continuase intentando ter cancións berrando só polo feito de telas. Quero dicir, cando por desgraza escoito unha canción de Linkin Park na radio non podo deixar de pensar que ese tipo soa como un idiota. Porque está enfadado agora? Slayer polo menos soa xenuinamente cabredo".[3]

En maio de 2007 a banda anunciou que se separaría despois de rematar a xira de promoción do traballo. Aereogramme realizou o seu derradeiro concero o 31 de agosto dese ano.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Aereogramme. 

N.º Título Duración
1. "Conscious Life for Coma Boy"   4:31
2. "Barriers"   4:56
3. "Exits"   4:16
4. "A Life Worth Living"   5:59
5. "Finding a Light"   3:46
6. "Living Backwards"   6:54
7. "Trenches"   4:09
8. "Nightmares"   4:06
9. "The Running Man"   3:33
10. "You're Always Welcome"   5:08
Canción extra no Xapón
N.º Título Duración
11. "Dissolve"   5:22

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "My Heart Has A Wish That You Would Not Go - 10th Anniversary Remaster, by Aereogramme". Aereogramme (en inglés). Consultado o 2021-11-06. 
  2. The Red Alert (ed.). "Entrevista a Aereogramme". Consultado o 5 de febreiro de 2016. 
  3. "Time to Unwind". The Skinny (en inglés). Consultado o 2021-11-06.