Museo de Automoción e Historia
Aparencia
Museo de Automoción e Historia | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | museo ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 2023 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Arteixo | |||
Parroquia | Oseiro ![]() | |||
Sede | Oseiro ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | museo-mahi.com… ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Museo de Automoción e Historia tamén coñecido como MAHI[1], é un espazo museístico dedicado ao mundo do automóbil situado en Arteixo.
Descrición
[editar | editar a fonte]O museo, inaugurado en 2023 pola Fundación Jorge Jove, está situado no Polígono industrial de Sabón (Arteixo), mostra a evolución do automóbil ó longo do século XX a través de 300 vehículos complementados por milleiros de pezas, fotografías e documenos varios. Entre os primeiros cómpre citar o primeiros camións dos bombeiros da Coruña ou a colección Pegaso (Iveco cedeu toda a súa colección histórica de 3,5 millóns de planos).
O museo este dividido en trece salas para exposicións permanentes ou temporais:
- Sala 1: Automoción española. Hispano-Suiza e Pegaso
- Sala 2: Automoción española. Pegaso
- Sala 3: Automoción e música
- Sala 4: Automoción e campo
- Sala 5: Automoción e literatura
- Sala 6: Automoción e bombeiros
- Sala 7: Automoción e servizos
- Sala 8: Automoción e fotografía
- Sala 9: Automoción e arte (comunicación)
- Sala 10: Automoción e cinema
- Sala 11: Automoción e fitos económicos
- Sala 12: Automoción e deporte
- Sala 13: Exposicións temporais
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Museo de Automoción e Historia (MAHI)". Consultado o 20.09.2024.