Saltar ao contido

Museo da Literatura de Estonia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo da Literatura de Estonia

Tipoinstituto de investigación, arquivo, editor de acceso aberto, museo de literatura e museo Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Forma xurídicaautoridade estatal administrada polo ministerio Editar o valor en Wikidata
MatrizMinisterio de Educación e Investigación Editar o valor en Wikidata
Director/aUrmas Sutrop Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación11 de setembro de 1940 Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 58°22′26″N 26°43′04″L / 58.373931, 26.717881
SedeTartu Editar o valor en Wikidata
EnderezoTartu, Vanemuise 42 Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBkirmus.ee Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O Museo da Literatura de Estonia (en estoniano Eesti Kirjandusmuuseum) é un instituto pública do Ministerio de Educación e Investigación da República de Estonia. A súa misión é mellorar o patrimonio cultural de Estonia, recoller, preservar, investigar e publicar os resultados.[1] Desde 2023 a súa directora é Piret Voolaid.[2]

Estrutura

[editar | editar a fonte]
Museo da Literatura de Estonia desde a rúa Pepleri.

O Museo da Literatura de Estonia funciona como unha institución integrada con catro departamentos:

  1. Biblioteca-Arquivo do Museo da Literatura de Estonia. Fundada en 1909 con 10 000 volumes en lingua estoniana, actualmente ten máis de 800 000 publicacións en diversas linguas, incluíndo libros, revistas, xornais, panfletos ou mapas.
  2. Arquivo do Folclore de Estonia do Museo da Literatura de Estonia, fundado en 1927. Acolle vestimentas, cancións e textos orais do pobo estoniano, e tamén das linguas fugrofinesas, dos Alemáns do Báltico, o pobo ruso, pobo xudeu e outros grupos étnicos.
  3. Arquivos da Historia Cultural de Estonia do Museo da Literatura de Estonia, estabelecido en 1929. Combina coleccións de institucións académicas como a Sociedade Literaria de Estonia, a Sociedade de Aprendizaxe de Estonia ou a Sociedade Académica de Historia. A colección inclúe manuscritos e monografías, fotografías, pezas de arte, filmes e arquivos de son.
  4. Departamento de Folcloristas do Museo da Literatura de Estonia, fundado en 1947. Publica revistas académicas e outras series de publicacións sobre o folclore, e mantén a páxina web www.folklore.ee.

Amais destas divisións específicas, o Museo tamén organiza exposicións e campañas, reunións técnicas, conferencias e seminarios.

A historia do Museo da Literatura de Estonia comezou en 1909 coa fundación do Museo e Biblioteca-Arquivo Nacional de Estonia en Tartu. En 1924 o Museo Nacional de Estonia adquiriu unha casa privada na rúa Aia (agora Vanemuise) para arquivar divrsos materiais. Aloxáronse nese lugar as coleccións da Biblioteca-Arquivo, así como aquelas do folclore máis tardío e arquivos de historia cultural. Hoxe é o edificio principal do Museo da Literatura de Estonia, ao cal se engadiron tres extensións.

Durante a segunda guerra mundial a institución repartiuse en dous museos estatais que cubrían a etnografía e a literatura, e en 1946 fusionáronse de novo.

Desde 1957 o Museo organiza cada decembro unhas conferencias durante dous días sobre literatura e folclore co nome de Friedrich Reinhold Kreutzwald.

Algúns anos despois da independencia de Estonia en 1995, o museo recuperou o seu nome anterior e estendeu a publicación do seu boletín anual a artigos, textos de fonte primaria e investigacións.

O Museo despois da restauración de 2017.

Bases de datos

[editar | editar a fonte]

O Museo da Literatura de Estonia ten unhas 50 bases de datos, a maioría especializadas, como a base de datos de graffiti, a base de datos de cancións rúnicas ou o Eesti Rahvaluule. En 2016 o arquivo dixital tiña 65 TB de datos, e pretendíase ampliar até 130 TB no marco de converter en 2020 o museo nun Centro Internacional de Humanidades Dixitais.

En 2002 comezou a base de datos analítica da bibliografía do xornalismo estonianno. A gama de bases de datos abrangue desde sinxelas publicacións web a bases de datos estruturadas máis complexas, como a do "século Kreutzwald". Tamén hai páxinas que permiten a participación do público, como o proxecto "1001 xogos infantís desde o ano 1935".

A base de datos central é o repositorio Kivike, que reúne a información das outras bases de datos especializadas do Museo da Literatura de Estonia. É de acceso libre para a investigación e a docencia.

  1. Eesti Kirjandusmuuseumi põhimäärus Riigi Teataja (vaadatud 12.05.2023).
  2. "Eesti kirjandusmuuseumi uueks juhiks saab Piret Voolaid". ERR (en estoniano). 5 de decembro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]