Saltar ao contido

Museo Nórdico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Museo Nórdico
concello de Estocolmo Editar o valor en Wikidata
Logotipo
Imaxe do interior
Imaxe da planta
Imaxe
 Elemento operado
Características
 Tema principal
Implicados
 Fundador/a
 Arquitecto/a
 Ten en propiedade
 Entidades subsidiarias
Datas
 Fundación / creación
1873 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de visitantes anuais
237.964 (2015)
215.308 (2014) Editar o valor en Wikidata
 Prezo
100 kr
0 kr
140 kr Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
 Enderezo
Djurgårdsvägen 6–16 Editar o valor en Wikidata
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
VIAF147301988 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000119396955 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/06pv66 Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Correo
 Descrito pola fonte
Instagram: nordiskamuseet GitHub: NordicMuseum Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Museo Nórdico (en sueco Nordiska museet) é un museo localizado na illa de Djurgården, no centro de Estocolmo (Suecia), dedicado á historia cultural e á etnografía de Suecia desde 1500 ata os nosos días. O museo fundouno en 1873 Artur Hazelius, quen tamén fundou o Skansen, museo ao aire libre, que ata 1963 foi parte do Museo Nórdico.

Primeira sede do Museo Nórdico, en Drottninggatan 71

Hazelius nunha viaxe por Dalarna comprobou como a cultura campesiña tradicional estaba a se transformar pola moderna sociedade industrial e que era tempo de recoller os elementos da cultura tradicional para ilustración das xeracións futuras; trouxo a Estocolmo unha primeira recollida de fondos, que estableceu como exposición permanente co nome de Colección etnográfica escandinava (Skandinavisk-etnografiska samlingen) nun pavillón do parque da rúa Drottninggatan e que foi aumentando rapidamente. En 1880 Hazelius ofreceu a colección ao estado sueco, adoptando o nome de Museo Nórdico (Nordiska Museum, agora Nordiska museet) administrado mediante unha fundación. En 1882 o rei de Suecia cedeulle terreo na illa de Djurgården para a construción dun novo edificio que albergase as coleccións do museo e ao ano seguinte anunciouse un concurso internacional de arquitectura onde se había elixir o proxecto do novo museo, pero o xurado decidiu que ningún dos proxectos presentados era axeitado e acabou aceptando os deseños do arquitecto sueco Isak Gustaf Clason, comezando as obras en 1888, e para a Exposición Mundial de Estocolmo de 1897 estaba completada a parte norte do actual edificio. Tardou outros dez anos en rematarse sen chegar a completarse o proxecto orixinal, inaugurándose oficialmente en xuño de 1907.

Modelado segundo o estilo renacentista nórdico, como o castelo de Frederiksborg en Dinamarca ou o de Gripsholm en Suecia. Empregouse no exterior arenito de Roslagen e calcaria de Öland e Gotland, a armazón realizouse de ladrillo e granito mentres os pisos das galerías fixéronse de formigón. O vestíbulo é unha gran sala de 126 metros de lonxitude, situándose arredor da entrada principal esculturas e relevos de Carl Eldh. O vestíbulo está dominado por unha estatua colosal de Gustavo I de Suecia obra de Carl Milles.

O Museo Nórdico en 1897
Vestíbulo principal

Coleccións

[editar | editar a fonte]

O museo alberga 1.500.000 obxectos que van desde 1520 ata a actualidade, as exposicións permanentes están dedicadas ao fogar, arte e tradicións populares, xoguetes, vestimenta e téxtil, cultura saami e August Strindberg mentres que sempre hai exposicións temporais que se exhiben no primeiro andar

Fotografía dunha muller realizada durante unha expedición etnográfica á Laponia sueca en 1868, obra de Lotten von Düben. Colección saami do Museo Nórdico: NMA.0033119
Sala de xoguetes do Museo Nórdico