Saltar ao contido

Muscle Shoals Horns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muscle Shoals Horns
 Instancia de
Datas
 Inicio de actividade
2015 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
VIAF159058314 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000106065380 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03f7yyp Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX4590462 Musicbrainz: 6eebda31-99b8-4575-b54d-11f7e4d62b29 Discogs: 332599 Allmusic: mn0000399945 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Muscle Shoals Horns eran unha agrupación profesional de músicos de metais de estudo e acompañamento estadounidense que gravou bases en numerosos álbums rexistrados no Muscle Shoals Sound Studio de Sheffield, Alabama, durante a década de 1970. Os traballadores asalariados do cadro de empresa tamén formou cos mesmos integrantes a unidade autónoma de funk co mesmo nome, a banda publicaría Born to Get Down en 1976 a través de Bang Records, subsidiaria de Atlantic, seguido por "Doin’ It to the Bone" en Ariola en 1977.[1].

En 1967, Rick Hall decidiu constituír unha sección de metais en FAME Studios, probablemente influído polo éxito dos Memphis Horns. Hall viña contratando aos Memphis Horns para traballos de estudio en FAME, mais o custo de traelos dende Memphis suxería que unha sección de metais propia podería ser máis rentábel.

A maioría dos músicos aos que lle ofreceu contratos para a sección de metais tiñan experiencia no ámbito do jazz e recibiran formación musical formal. A formación mantívose unida (cun único cambio) ata mediados dos anos oitenta, traballando tanto en FAME como noutros estudios da rexión de Shoals. Catro homes formaron o núcleo da sección, completada cando era necesario por outros músicos de sesión. Estes catro foron Ronnie Eades, Aaron Varnell, Harrison Calloway e Harvey Thompson. En 1970, Varnell abandonou o grupo e foi substituído posteriormente por Charles Rose. Cando eses primeiros contratos expiraron, o colectivo decidiu traballar como autónomos, baixo o nome de Muscle Shoals Horns. Deste xeito, puideron aceptar traballo non só en FAME Studios, senón tamén noutros estudios da ampla rexión de Shoals e mesmo fóra dela.

Calloway, Eades e Thompson coñecéronse como estudantes na Universidade Estatal de Tennessee en Nashville. Comezaron a actuar xuntos, acompañando a diversas bandas locais, e nunha ocasión tocaron cun mozo Jimi Hendrix.

Publicaron varios álbums baixo o nome de Muscle Shoals Horns: “Born To Get Down” (1976), “Doin’ It To The Bone” (1977) e “Shine On” (1983).

En 2015, tras un paréntese de trinta anos, volveron tocar xuntos unha vez máis, para celebrar a reedición dos seus álbums en formato CD.

En 2019, os Muscle Shoals Horns orixinais foron incluídos no Musicians Hall of Fame and Museum de Nashville. [2].

  1. "Muscle Shoals Horns". soulkombinat.de (en inglés). Consultado o 13-12-2025.
  2. "The Muscle Shoals Horns". signaturesoundsonline (en inglés). Consultado o 13-12-2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]