Saltar ao contido

Trallón cincento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Muscicapa striata»)
Trallón cincento
Muscicapa striata
Peter Simon Pallas 1764 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome curto
M. striata Editar o valor en Wikidata
Características
 Ciclo diurno
Conservación
Localización
 Área de distribución
Diagrama de tamaño
Clasificación taxonómica
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Combinación orixinal
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
SubordePasseri
InfraordePasserida
SuperfamiliaMuscicapoidea
FamiliaMuscicapidae
XéneroMuscicapa
EspecieM. striata
Datas
 Período de incubación
14 d Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Masa1,92 g peso de nacemento Editar o valor en Wikidata
Envergadura24 cm Editar o valor en Wikidata
Tamaño da niñada3,5 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/01x8g8 Editar o valor en Wikidata
ITIS561250 Editar o valor en Wikidata
UICN22709192 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons

O trallón cincento ou trallón cinsento[1] (Muscicapa striata) é unha especie de ave paseriforme, suborde dos Passeri, infraorde dos Passerida, superfamilia dos muscicapoideos e familia dos muscicápidos, pertencente ao xénero Muscicapa.

De pequeno tamaño, ten unha lonxitude de 13,5 a 15 cm.

O trallón busca zonas de arboredos onde as árbores preséntense pouco densas e con espazos entre as súas pólas. Tamén en zonas urbanas, campo aberto, hortos, cultivos, xardíns etc. O hábitat difire dunha a outra rexión de Europa.

O trallón cincento aliméntase de insectos voantes, principalmente dípteros e himenópteros pero tamén lepidópteros, coleópteros etc. Posúe unha técnica de caza moi particular, atrapando aos insectos ao voo dende unha póla que domine o seu territorio á que volverá tras conseguir a presa, é dicir, realizando voos curtos. Os insectos son cazados nas proximidades inmediatas ás árbores, o que explica a necesidade de ter pólas exteriores libres de follas sobre o seu territorio. Frecuentemente caza dende un arame do tendido eléctrico, unha corda, un aramado, un poste ou un valado. Máis raramente, pode inxerir bagas de sabugueiro ou outros arbustos.

Reprodución

[editar | editar a fonte]
Pito de Muscicapa striata
Cuculus canorus canorus + Muscicapa striata

A nidificación é efectuada dende finais de maio a finais de xullo, ás veces até en agosto para as derradeira niñadas. O niño, está feito de talos e pequenas raíces secas e é construído nos buratos das árbores ou máis raramente nalgunha cavidade mural, estando situado a unha altura moi variable. A abertura da cavidade debe ser bastante ancha, o que explica que a miúdo as niñadas sexan destruídas por córvidos ou roedores. Frecuentemente efectúan dúas niñadas. O territorio pode ser moi limitado: de 0,2 a 1 ha.

Distribución

[editar | editar a fonte]
  • A nivel mundial. Presenta unha distribución euroturquestana, aínda que abrangue toda Europa, dende o norte de Escandinavia até o mediterráneo, incluíndo as grandes illas e o norte de África, incluído Mongolia (polo leste) e parte do Himalaia. A maior parte da poboación europea desta especie atópase en Suecia, Finlandia, Rusia e Belarús.
  • En España, constitúe unha especie nidificante que está presente en todas as comunidades autónomas peninsulares, así como en Baleares.

Migración

[editar | editar a fonte]

Migratorio transahariano. A alimentación do trallón cincento, convérteo nunha ave necesariamente migratoria. Deixan Europa a partir de agosto até mediados de outubro para establecerse durante o inverno na África tropical, tanto en sabanas como en bosques tropicais. A volta primaveral efectúase a principios de maio. As securas das últimas décadas en Sahel e a desertización crecente provoca unha mortalidade moi elevada nestas aves durante as migracións.

Poboación

[editar | editar a fonte]

As poboacións de trallón cincento están en decadencia case en toda a súa área de distribución. As causas desta decadencia non son totalmente coñecidas, cabendo supor que entre elas se atopan as securas extremas do Sahel (secas en África), os veráns fríos e húmidos nas súas áreas de reprodución, a desaparición na paisaxe de elementos tales como as sebes ou verxeis, así como o emprego de praguicidas nas hortas, son unhas causas moi probables. A conservación dos vellos verxeis é pois unha das medidas de conservación favorables para a especie. Tamén afectan ás poboacións desta especie a caza ilegal realizada por paxareiros.

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • SHARROCK, J. (edit.). (The atlas of breeding birds in Britain and Ireland. T & AD Poyser. Calton (1976).
  • HERRERA, C. Evolución estacional de las comunidades de paseriformes en dos encinares de Andalucía occidental. Ardeola (1980).
  • POTTI, J. Las comunidades de aves del Macizo de Ayllón. Tesis doct. Univ. Compl. Madrid (1985).
  • CARNERO, J. & S. PERIS. Atlas ornitológico de la provincia de Salamanca. Deputación. Salamanca (1988).
  • TUCKER, G.M. & M.F. HEATH (eds.). Birds in Europe: their conservation status. BirLife Intern. Cambridge (1994).

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07.