Mus (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Véxase tamén: Rato.

Mus é un xénero de roedores miomorfos da familia Muridae que inclúe a maioría dos roedores chamados comunmente ratos, aínda que o nome rato ten un significado máis amplo e utilízase tamén para especies que pertencen a outros xéneros (como Apodemus). En Galicia viven dúas especies deste xénero: o rato doméstico (Mus misculus) e o rato mouro (Mus spretus).

Os fósiles máis antigos atribuídos a este xénero datan do Mioceno superior de Asia e África.[1]

Historia natural[editar | editar a fonte]

A especie máis común e coñecida é o rato doméstico ou caseiro (Mus musculus), o segundo mamífero máis estendido do planeta tralo ser humano. Vive normalmente como comensal nas casas humanas. O rato de laboratorio é unha variedade desta especie, que é un organismo modelo moi utilizado, xa que é fácil de alimentar, ocupa pouco sitio, reprodúcese con rapidez e é un mamífero, polo que moitos dos resultados dos experimentos feitos con el son extrapolables aos humanos. O rato doméstico foi unha das primeiras especies ás que se secuenciou o xenoma e unha ds poucas que viaxou ao espazo exterior.[2]. Na natureza as especies deste xénero son presa de varios mamíferos carnívoros, aves de presa diúrnas e nocturnas, lagartos, serpes, e outros animais, e o home utiliza trampas, velenos e animais como os gatos para controlalos. Todo isto fai que a vida dun rato caseiro rara vez exceda os tres meses de duración, aínda que en catividade poden chegar aos dous anos.

Na natureza, a maioría das especies de Mus son herbívoras, consomen todo tipo de froitas ou grans das plantas. Debido a isto, os ratos adáptanse ben ás zonas urbanas e poden comer todo tipo de restos de comida. En catividade, os ratos son alimentados con dieta comercial en pílulas para ratos. Os ratos poden ser pragas para as colleitas.

Sistemática[editar | editar a fonte]

Existen 38 especies do xénero Mus en catro subxéneros:[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Fossilworks. "Fossilworks: Mus" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 13 de novembro de 2015. 
  2. "NASA - Mars Mice". NASA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2005. Consultado o 14 de novembro de 2016. 
  3. "Mus (mouse, genus)". NCBI taxonomy (en inglés). Bethesda, MD: National Center for Biotechnology Information. Consultado o 9 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]