Saltar ao contido

Municipio de Ādaži

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMunicipio de Ādaži

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 57°07′00″N 24°20′00″L / 57.1167, 24.3333
EstadoLetonia Editar o valor en Wikidata
CapitalĀdaži (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación23.281 (2024) Editar o valor en Wikidata (95,68 hab./km²)
Xeografía
Superficie243,32 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xullo de 2021 Editar o valor en Wikidata
PIB nominal241.214.000 € (2021) Editar o valor en Wikidata
PIB per cápita11.208 € (2021) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2LV-011 Editar o valor en Wikidata

O municipio de Ādaži (en letón, Ādažu novads) é un dos 36 municipios de Letonia. Os 36 municipios son resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021, que fusionou o vello municipio de Ādažu e o municipio de Carnikava. Limita coa cidade de Riga ao suroeste, Ropaž ao sur, Sigulda ao leste e ao norte co distrito de Saulkrasti. O bordo noroeste do condado de Ādaži linda co golfo de Riga no mar Báltico. O centro comarcal está situado na propia vila de Ādaži.[1]

A poboación censada no municipio leva en aumento desde o ano 2000, cun padrón lixeiramente superior aos 20.000 habitantes.[2]

1935 4750
1967 5295 (+11.5%)
1979 9887 (+86.7%)
1989 12556 (+27.0%)
2000 12070 (-3.9 %)
2011 16738 (+38.7%)
2021 21026 (+25.6%)
2024 23281 (+9.7 %)

A primeira referencia a Adaži en arquivo é a do etnógrafo Johann Christoph Broce, debuxando un mapa da parroquia de Neuermühlen en 1786, deixara a referencia Ahdaischi diante do nome do castelo de Neuermühlen e do nome do pazo de Aahof. Naquela época, a mansión de Aahof era coñecida como mansión Ādaži. En 1930, a área da parroquia de Ādaži preto de Riga era de 402 km2 e tiña unha poboación de 3300 habitantes. En 1945 estableceuse na parroquia o autogoberno das aldeas de Adaži, Bergi, Carnikova e Garkalne, e en 1949 a parroquia a nival administrativo foi liquidada. A aldea de Ādaži estivo nos distritos de Saulismalis (1949-1956) e Riga (1956). En 1954 a illa Carnikova foi asignada a Ādaži. En 1974, o territorio da granxa colectiva da aldea de Mangaļi engadiuse tamén a Ādaži. En 1977, asignáronse parte da illa de Bergi e parte do territorio de Garkalne e Vangaži. En 2006 a parroquia pasou a ter consideración de municipio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]