Municipio de Smiltene
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Letonia | ||||
| Capital | Smiltene | ||||
| Contén a división administrativa | Ape (en) Ape Parish (en) Bilska Parish (en) Blome Parish (en) Branti Parish (en) Drusti Parish (en) Gaujiena Parish (en) Grundzāle Parish (en) Launkalne Parish (en) Palsmane Parish (en) Rauna Parish (en) Smiltene Smiltene Parish (en) Trapene Parish (en) Variņi Parish (en) Vireši Parish (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 17.557 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 1.801,32 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1 de xullo de 2021 | ||||
| PIB nominal | 321.390.000 € (2021) | ||||
| PIB per cápita | 17.840 € (2021) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | LV-094 | ||||
| Sitio web | smiltenesnovads.lv | ||||
O municipio de Smiltene (en letón, Smiltenes novads) é un dos 36 municipios de Letonia. Os 36 municipios son resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021, que fusionou o antigo municipio de Smiltene, o municipio de Apes e o municipio de Rauna. Limita ao oeste co municipio de Cēsis, ao sur co municipio de Gulbene, ao leste co municipio de Alūksne e ao norte cos municipios de Valmiera e Valka, así como cos condados de Valga e Veru de Estonia. O centro comarcal está situado na propia cidade de Smiltene.[1].
O municipio forma parte da nación histórica, recoñecida pola Constitución letoa, de Vidzeme.
Historia
[editar | editar a fonte]Na antigüidade, as tribos bálticas e ugro-finlandesas convivían na rexión con interaccións constantes, no século X as poboacións homoxeneizáronse en latgaliáns e estonianos.
Despois da división da Livonia conquistada, o sur e o oeste do condado quedaron baixo a xurisdición do arcebispado de Riga, o norte e o leste, baixo a xurisdición da Orde de Livonia. O castelo do comandante da orde estaba en Gaujiena, o palacio do bispo, en Smiltene e Rauna.
Como resultado da guerra de Livonia, o condado quedou baixo o control da Mancomunidade de Polonia e Lituania como parte do ducado de Livonia de Pardaugava. Despois dunha longa guerra en 1629, Suecia confirmou os seus dereitos a Vidzeme que conquistara cun tratado de paz.
Despois da Gran Guerra do Norte en 1721, o condado pasou baixo o control do Imperio Ruso e foi incluído no distrito de Valka, da gobernación de Vidzeme.
Relixión
[editar | editar a fonte]O legado luterano de raíces letoas comezou en Smiltene no período da Reforma protestante durante o século XVI. Tanto o réxime nazi como o comunista perseguiron severamente a igrexa antes da devolución da liberdade relixiosa a Letonia en 1988.
Smiltenes evaņģēliski luteriskā baznīca é a única igrexa de Letonia que foi construída coa típico tradición de erguer a base da Igrexa en forma de cruz (en 1895) e recibiu o status de Monumento Cultural de Importancia do Estado.
A primeira igrexa de madeira luterana en Smiltene estaba no centro do castelo dos cabaleiros, construído en 1370. En 1702, as tropas rusas queimaron a igrexa e levaron a campá a Pskov. Durante a década do 2010 a veciñanza de Smiltene creou un proxecto cultural que busca de todas as maneiras a condecoración para a igrexa de Monumento Cultural de Importancia do Estado, para asegurar a protección dos restos da Igrexa e da Sancristía e evitar perdas maiores.[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Latvia: Administrative Division (Regions and Municipalities) - Population Statistics, Charts and Map". www.citypopulation.de. Consultado o 2023-12-21.
- ↑ "Smiltene Rectory: authenticity and the issues of its preservation [Latvia]". Consultado o 2024-10-31.
