Municipio de Bauska
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Letonia | ||||
| Capital | Bauska (en) | ||||
| Contén a división administrativa | Bauska (en) Brunava Parish (en) Bārbele Parish (en) Ceraukste Parish (en) Code Parish (en) Dāviņi Parish (en) Gailīši Parish (en) Iecava Iecava Parish (en) Kurmene Parish (en) Mežotne Parish (en) Rundāle Parish (en) Skaistkalne Parish (en) Stelpe Parish (en) Svitene Parish (en) Valle Parish (en) Vecsaule Parish (en) Vecumnieki Parish (en) Viesturi Parish (en) Īslīce Parish (en) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 40.500 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 2.174,91 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | Município de Bauska (pt) | ||||
| Creación | 1 de xullo de 2021 | ||||
| PIB nominal | 383.348.000 € (2021) | ||||
| PIB per cápita | 9.228 € (2021) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | LV-016 | ||||
| Sitio web | bauskasnovads.lv | ||||
O municipio de Bauska (en letón, Bauskas novads) é un dos 36 municipios de Letonia.
Localizado ao sur do centro de dito país báltico, o municipio creouse durante o ano 2021 despois dunha reorganización territorial, que buscou as vantaxes da fusión de concellos eliminado o antigo municipio de Iecava, o municipio de Rundale e o municipio de Vecumnieku. Limita ao oeste co municipio de Jelgava, ao norte cos municipios de Ķekava e Olaine, ao leste e norte co municipio de Ogre e ao sur cos municipios do país veciño fronteirizos, o distrito de Biržu e o distrito de Pasvale en Lituania. O centro comarcal está situado na cidade de Bauska.
O territorio municipal do condado de Bauska está dividido en 4 asociacións municipais, a división das asociacións é a seguinte:
Asociación de Bauska: cidade de Bauska, parroquia de Brunava, parroquia de Ceraukste, parroquia de Codes, parroquia de Dāviņu, parroquia de Īslīce, parroquia de Gailīšu, parroquia de Mežotne e a parroquia de Vecsaules; [1]
Historia
[editar | editar a fonte]Durante a Segunda Guerra Mundial, a cidade de Bauska e vilas lindeiras do municipio foron destruídas. En 1944, o Exército Vermello lanzou unha ofensiva nas repúblicas bálticas. Formouse un rexemento de voluntarios duns 300 homes para protexer a cidade de Bauska das tropas soviéticas. Partisanos organizados no movemento nacional de resistencia.[2] Durante seis semanas, esta pequena unidade conseguiu aguantar a ofensiva dunha forza inimiga significativamente superior, as tropas soviéticas lograron capturar Bauska só despois de varios bombardeos, que destruíron máis dun terzo da cidade.
Despois da Segunda Guerra Mundial, o territorio do distrito de Bauska volveu formar parte da RSS de Letonia.
En 1991, despois da restauración da independencia de Letonia, o condado de Bauska pasou a formar parte da Letonia independente.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Museo do pneumático en Bauska
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pilsēta un pagasti. Dobeles novada pašvaldība (en letón) Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2010. Consultado o 11 de febreiro de 2022.
- ↑ (en letón) Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 1997. Consultado o 16 de setembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Relación: Bauska novads en openstreetmap.org (en inglés).
