Muiredach mac Ainbcellaig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Muiredach mac Ainbcellaig
Falecemento771
NacionalidadeDalriada
Ocupaciónmonarca
PaiAinbcellach mac Ferchair
FillosEógan mac Muiredaig
editar datos en Wikidata ]

Muiredach mac Ainbcellaig foi rei dos Cenél Loairn, e de Dalriada dende 733 até 736.

Era o fillo de Ainbcellach mac Ferchair. A súa chegada ó poder está rexistrada no ano 733, mais non está necesariamente ligada á morte do seu predecesor Eochaid mac Echdach, rei de Dalriada, segundo os Anais irlandeses. Non está claro quen precedeu a Muiredach como rei de Cenél Loairn, pero puido ter sido o seu curmán Dúngal mac Selbaig. Muiredach é un dos reis irlandeses nomeados no poema do século XI Duan Albanach.

Crese que o seu reinado rematou como resultado da derrota a mans dos pictos de Fortriu, liderados por Talorgan mac Fergusa, irmán de Óengus I, en "Cnoc Cairpri in Calathros at Etarlinde". A batalla está rexistrada nos Anais de Ulster, pero non así a morte de Muiredach.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]