Saltar ao contido

Muhu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMuhu
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 58°36′N 23°15′L / 58.6, 23.25
PaísEstonia
CondadosCondado de Saare
Concello ruralMuhu Rural Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.476 (2011) Editar o valor en Wikidata (7,2 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie204,86 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado pormar Báltico Editar o valor en Wikidata
Altitude24 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Muhu ou illa de Muhu é unha illa do arquipélago de Estonia occidental. Está situada na parte norte do golfo de Riga, separando o golfo do mar Báltico, entre a illa de Saaremaa e a Estonia continental. É a terceira illa máis grande de Estonia por superficie, despois de Saaremaa e Hiiumaa. A illa abrangue unha superficie de 207.9 km²

Administrativamente, xunto cos illotes veciños de Kesselaid, Viirelaid, Võilaid e Suurlaid, forma a parroquia de Muhu, un municipio rural independente, pertencente ao condado de Saare e no censo, en decembro de 2021, contaba cunha poboación de 1.646 persoas.[1] No censo do 2000, eran 1.903 habitantes e no de 2011, 1.483 persoas).[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A illa, denominábase, en alemán, Mohn e Moon. Moon é tamén o nome sueco da illa.

Os principais asentamentos son Kuivastu (porto de transbordadores), Liiva (centro administrativo) e Koguva (ten un conxunto de aldeas tradicionais e o Museo Muhu).[2]

A illa está separada da Estonia continental polo Estreito Grande (en estoniano: Suur väin)[3] e de Saaremaa polo Estreito Pequeno (en estoniano: Väike väin). Ao norte da illa, atópase o denominado "Mar dos Estreitos" (en estoniano: Väinameri, en alemán: Moonsund "Estreito da Lúa") atópase ao norte da illa. Está conectada por transbordador con Virtsu no continente e con Saaremaa por unha calzada, o Väinatamm. No inverno, unha estrada de xeo conecta a illa co continente.

En xaneiro de 1227, un exército dos Irmáns Livonianos da Espada xunto cos letóns, alemáns de Riga e livonianos nativos (20.000 homes comandados por Guillerme de Módena) cruzou sobre o xeo mariño desde o continente e atacou a illa de Saaremaa para reducir o último refuxio de estonianos pagáns. Os estonianos rendéronse en Muhu, nunha fortaleza circular chamada Mona, cuxos terrapléns aínda se conservan preto da calzada entre as illas. Isto puxo fin á Cruzada Estoniana.

A batalla de Karuse ou Batalla no Xeo librouse o 16 de febreiro de 1270 entre o Gran Ducado de Lituania e a Orde Livonia no conxelado Mar Báltico entre Muhu e o continente. Os lituanos lograron unha vitoria decisiva. A batalla, que leva o nome da aldea de Karuse, foi a quinta maior derrota das Ordes Livonias ou Teutónicas no século XIII.[4]

Nas mesmas augas produciuse a Batalla de Moon Sound en setembro-outubro de 1917 entre as forzas navais rusas e alemás.

Transporte

[editar | editar a fonte]

Muhu está conectado co continente por frecuentes transbordadores de coches e pasaxeiros entre Virtsu (continente) e Kuivastu (Muhu), operados por TS Laevad. Os horarios e a venda de billetes ofrécense a través do portal oficial praamid.ee.[5][6] Muhu está conectado con Saaremaa pola calzada de Väinatamm, inaugurada en 1896. Nos invernos moi fríos, a Administración de Transporte de Estonia pode abrir estradas de xeo oficiais, pero as aperturas son pouco frecuentes e están suxeitas a regras estritas; os viaxeiros deben confiar nos avisos oficiais actuais.[7] Hai voos directos e regulares desde Talín ata Kuressaare, Saaremaa. Tárdase aproximadamente unha hora en coche desde o aeroporto de Kuressaare ata Muhu. En 2026, tamén se anunciaron voos directos dende Helsinqui, Finlandia.

Muhu é coñecida por ter os únicos muíños de vento tradicionais de Estonia que aínda funcionan. Muhu tamén é coñecido polas súas medias de punto tradicionais.[8][9]

En Pädaste, un hotel e spa de luxo de renome internacional opera na casa señorial restaurada. En outubro de 2025, anunciouse que o Hotel Pädaste cesaría as súas actividades e estaría pechado ao público. Outros establecementos son: Dharma Resort na aldea de Rässa; trátase dun resort de luxo situado nun bosque profundo.

Muhu é o fogar da primeira granxa de turismo enolóxico de Estonia: Luscher & Matiesen Muhu Winehouse

Localidades

[editar | editar a fonte]

Estas son as localidades de Muhu coa poboación a data de 31 de decembro de 2021.[1]

  1. 1 2 3 "Muhu". citypopulation.de (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2026.
  2. "Museum". muhumuuseum.ee (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2026.
  3. Rohtmets (2006), p. 28.
  4. "History of Muhu Island". koguva-home.ee (en inglés). 17 de abril de 2013. Consultado o 26 de abril de 2026.
  5. "Ticket". praamid.ee (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2026.
  6. "About our company". praamid.ee (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2026.
  7. "Ice Roads". transpordiamet.ee (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2026.
  8. Vaino, Roberta; Whyte, Andrew (9 de setembro de 2020). "Gallery: World's largest Muhu stocking exhibition on display at ERM". err.ee (en inglés). Consultado o 26 de abril de 2026.
  9. Kenk, Olev (23 de xaneiro de 2024). "Knitters issue call to wear patterned Estonian mittens on Independence Day". err.ee. Consultado o 26 de abril de 2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]