Muharrem İnce
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de maio de 1964 (60 anos) Elmalık, Turquía (pt) |
Leader of the Homeland Party (en) | |
17 de maio de 2021 – | |
Deputado da Grande Asemblea Nacional de Turquía | |
2002 – 2018 | |
Deputado da Grande Asemblea Nacional de Turquía | |
Lexislatura: 26th Parliament of Turkey (en) | |
Datos persoais | |
Ideoloxía política | Laicismo |
Relixión | Islam |
Educación | Balıkesir University (en) |
Actividade | |
Ocupación | político, escritor |
Partido político | Homeland Party (Turkey, 2021) (en) (2021–) Partido Republicano Popular (1992–2021) Social Democratic Populist Party (en) (1985–1992) Social Democracy Party (Turkey) (en) (1983–1985) |
Sitio web | muharremince.com.tr |
Muharrem İnce, nado o 4 de maio de 1964 en Elmalık, é un político turco, candidato á presidencia de Turquía polo Partido Republicano Popular (CHP) nas eleccións de 2018.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na aldea de Elmalık na provincia de Yalova, fillo de Şerif e Zekiye İnce[1], seus avós paternos procedían de Tesalónica na Macedonia grega, mentres seus avós maternos viñan de Rize, localidade situada nas beiras do Mar Negro, en Anatolia[2]. Formouse en maxisterio, na rama de ciencias, na Universidade Balıkesir e máis tarde traballou como profesor de física e foi director de escola. Logo foi xefe de prensa do club de fútbol Yalovaspor e presidente da Asociación de Pensamento Atatürkista, unha organización secular que defende as ideas de Mustafa Kemal Atatürk, o fundador da moderna Turquía. Está casado e ten un fillo.[3].
Política
[editar | editar a fonte]Principiou como deputado pola súa provincia natal en 2002 resultando reelixido sucesivamente en 2007, 2011 e 2015 nas listas do Partido Republicano Popular. Actuou como vicepresidente do grupo parlamentario do CHP durante dúas lexislaturas; a elección dos líderes do grupo parlamentario Kemal Kılıçdaroğlu e Hakkı Suha Ben como líder do partido e segundo respectivamente, posibilitou a candidatura de İnce para dirixir o grupo, conseguíndoo con 58 votos[4], reelixido en 2011 e 2013, renunciou en agosto de 2014, substituído por Levent Gök.[5]. Meses antes, o 30 de marzo de 2014, o seu partido gañara en Yalova. Así e todo, as eleccións tiveron que se repetir e İnce desempeñou un papel crucial no proceso de elección do candidato do CHP, Vefa Salman, que fixo gañar de novo ao CHP[6]. O 18 de agosto de 2014, İnce anunciou a súa candidatura á presidencia do CHP, pero perdeu no congreso extraordinario do partido de setembro de 2014. Convertido nun dos principais opositores ao goberno de Recep Tayyip Erdoğan, e sobre todo coñecido polos seus discursos que gozan de popularidade en Internet. De novo enfrontouse con Kılıçdaroğlu no congreso de febreiro de 2018, perdendo de novo. Recibiu 447 votos dos delegados mentres Kılıçdaroğlu logrou 790[7].
Elixido candidato do CHP o 3 de maio de 2018 para as eleccións presidenciais[8] para as eleccións presidenciais. Ao día seguinte, o líder do partido Kemal Kılıçdaroğlu proclamouno formalmente CHP[9]. O lema da campaña foi "Türkiye' ye güvence Muharrem İnce" ("Muharrem İnce, unha garantía para a Turquía")[10], inicíandose a precampaña cun mitin electoral na capital da súa provincia natal, Yalova o 5 de maio.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Biografía en muharremince.com". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2018. Consultado o 09 de xuño de 2018.
- ↑ "Muharrem İnce: Çocuklarımızın geleceği için önce uzlaşacağız". NTV. 19 de maio de 2018.
- ↑ "Biografía en biyografi.info".
- ↑ "CHP'nin grup başkanvekilleri belli oldu". Hürriyet. 1 de xuño de 2010.
- ↑ "Levent Gök grup başkanvekili seçildi, Özçelik'in bir adımı kaldı". Radikal. 22 de outubro de 2014.
- ↑ "Yalova'da CHP'li başkanın gözyaşları". Hürriyet. 2 de abril de 2014.
- ↑ "CHP kurultay sonucunda yeni genel başkan belli oldu". Sözcü. 3 de febreiro de 2018.
- ↑ "CHP’li İlhan Kesici: Adayımız Muharrem İnce". Sözcü. 3 de maio de 2018.
- ↑ "Muharrem İnce likely presidential nominee of Turkey’s main opposition CHP". Hürriyet Daily News. 3 de maio de 2018.
- ↑ "İşte Muharrem İnce'nin afişi ve sloganı". Cumhuriyet. 3 de maio de 2018.
- ↑ "CHP presidential candidate İnce vows to be ‘everyone’s president’". Hürriyet Daily News. 4 de maio de 2018.]