Mugalari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O río Bidasoa, ao seu paso por Irún, marca a liña fronteiriza entre España e Francia.

Mugalari é unha expresión da lingua éuscara referida ás persoas que axudaban a cruzar a fronteira política entre os Estados español e francés a quen estaba sendo perseguido por motivos políticos. Este tipo de actividades foron moi frecuentes durante a guerra civil española e o franquismo subseguinte, así como na segunda guerra mundial polo bando aliado.

Mugalari está composto de muga, 'fronteira', e o sufixo -lari para referirse a persoas, que indica aquel que vive en zona fronteiriza, e por extensión, contrabandista.

Un dos mugalaris máis coñecidos foi Korta, sobrenome de Manuel Mª Garmendia Zubiarrain, nado en Legorreta, Guipúscoa, o 6 de xuño de 1945 e abatido a tiros pola Garda Civil en Bera, Navarra, o 18 de abril de 1976,[1] de quen provén o nome do grupo Kortatu.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]