Mudbound (filme)
| Mudbound | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||
Mudbound é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Dee Rees e escrito por Rees e Virgil Williams. Baséase na novela homónima escrita por Hillary Jordan. Está protagonizado por Carey Mulligan, Garrett Hedlund, Jason Clarke, Jason Mitchell, Jonathan Banks e Mary J. Blige. O filme conta a historia de dous veteranos da segunda guerra mundial, un branco e outro negro, que regresan á unha zona rural de Mississippi tratando de afrontar o racismo e o trastorno por estrés postraumático respectivamente. O filme estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 21 de xaneiro de 2017,[1] e foi distribuída por Netflix, cunha estrea limitada nas salas de cinema o 17 de novembro de 2017.
A crítica eloxiou o guión, a dirección e as interpretacións (especialmente as de Mitchell e Blige)[2] e na 75ª edición dos Globos de Ouro recibiu nomeamentos nas categorías de mellor actriz secundaria (Blige) e mellor canción orixinal ("Mighty River").[3] Na 90ª edición dos Óscar, o filme conseguiu catro nomeamentos: mellor actriz secundaria e mellor canción orixinal para Blige, mellor guión adaptado e mellor fotografía, a última das cales converteu a Rachel Morrison na primeira muller nomeada nesta categoría. Blige converteuse na primeira persoa nomeada por actuar e cantar nun mesmo ano.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Carey Mulligan como Laura McAllan (née Chappell)
- Jason Clarke como Henry McAllan
- Mary J. Blige como Florence Jackson
- Rob Morgan como Hap Jackson
- Jason Mitchell como Ronsel Jackson
- Garrett Hedlund como Jamie McAllan
- Jonathan Banks como Pappy McAllan
- Frankie Smith como Marlon Jackson
- Kennedy Derosin como Lilly May Jackson
- Elizabeth Windley como Amanda Leigh McAllan
- Piper Blaire como Isabelle McAllan
- Jason Kirkpatrick como Orris Stokes
- Kerry Cahill como Rose Tricklebank
- Oyeleke Oluwafolakanmi como Cleve
- Kelvin Harrison Jr. como Weeks
- Lucy Faust como Vera Atwood
- Dylan Arnold como Carl Atwood
- Samantha Höefer como Resl
- Geraldine Singer como Mrs. Chappell
- Henry Frost como Teddy Chappell
- Claudio Laniado como Dr. Pearlman
- Charley Vance como Sheriff Thacker
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Patten, Dominic (5 de decembro de 2016). "Sundance 2017: Robert Redford, New Rashida Jones Netflix Series, ‘Rebel In The Rye’ & More On Premiere, Docu, Midnight & Kids Slates". Deadline Hollywood.
- ↑ "Sundance: 'Mudbound' Premieres to Rapturous Standing Ovation and Oscar Buzz". Variety. 21 de xaneiro de 2017. Consultado o 26 de outubro de 2017.
- ↑ Rubin, Rebecca (11 de decembro de 2017). Variety, ed. "Golden Globe Nominations: Complete List". Consultado o 11 de decembro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial
- Mudbound na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)