Mr. Nobody Against Putin
Aparencia
| Mr. Nobody Against Putin | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||||||||
Mr. Nobody Against Putin é un filme documental de 2025 dirixido por David Borenstein e Pavel Talankin. Segue a Talankin no seu traballo nunha escola en Karabash, unha pobre cidade mineira preto dos Montes Urais. Mentres grava os seus estudantes, Talankin tamén documenta os movementos do goberno de Putin para controlar a percepción pública durante a guerra ruso-ucraína en curso.[1]
Estreouse mundialmente na sección World Cinema Documentary do Festival de Cinema de Sundance de 2025 o 25 de xaneiro, onde gañou o Premio Especial do Xurado. Foi escollido como candidato de Dinamarca para o Óscar ó mellor filme internacional na 98ª edición dos premios,[2] mais finalmente non foi nomeado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sauer, Pjotr (2025-02-09). "'Many teachers don't want to do this, but they're trapped': film shows extent of Putin indoctrination in Russian schools". The Guardian. ISSN 0261-3077. Consultado o 2025-10-18.
- ↑ Tartaglione, Nancy (17 de setembro de 2025). "Oscars: Denmark Selects 'Mr. Nobody Against Putin' For Best International Feature Film Race". Deadline Hollywood. Consultado o 17 de setembro de 2025.