O Moviment Nacionalista Totalitari (MNT) foi unha organización nacionalista e fascista catalá que se separou de Nosaltres Sols! na clandestinidade despois do levantamento de outubro de 1934.[1][2]
Creou un efémero núcleo en Barcelona arredor do estudante de arquitectura Jacint Goday Prats, quizais co apoio económico do consulado italiano.[3][4] Editou o periódico Ferms! (catro números, agosto-novembro de 1935) e introduciu o termo “totalitario” na linguaxe política catalá, que incluía tanto a aspiración a un estatismo (moi propia da moda política da década de 1930 en Europa) coma o soño dunha unificación pancatalanista incluíndo Occitania (a denominada “Catalunya totalitària”). O grupo non tivo maior transcendencia que a curiosidade que suscitou polo seu descurso ideolóxico. Desapareceu moi cedo e deixou un rastro só na propaganda máis ultranacionalista de Estat Català durante a guerra civil española.[1]