Movemento rectilíneo uniforme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Movemento rectilíneo uniforme. Representación gráfica da posición, velocidade e aceleración dun móbil en función do tempo.

O movemento rectilíneo uniforme dun punto en relación a un referencial S ten lugar cando nese mesmo espazo o punto se move en liña recta con velocidade constante, é dicir, con aceleración nula.

En termos matemáticos, se \vec{r_{(t)}} for a posición do punto e t o tempo:

\frac{d\vec{r}}{dt} = \vec{v} = constante ou \vec{a}=\frac{d\vec{v}}{dt} = \frac{d^2 \vec{r}}{dt^2} = \vec{0}

A distancia percorrida calcúlase multiplicando a magnitude da velocidade polo tempo transcorrido. Esta relación tamén é aplicable se a traxectoria non é rectilínea, con tal que a velocidade sexa constante.

A velocidade pode ser nula (repouso), positiva ou negativa. Polo tanto, o movemento pode ter dous sentidos; unha velocidade negativa representa un movemento en dirección contraria ao sentido que teñamos aceptado como positivo.

O MRU caracterízase por:

  • Movemento que se realiza sobre unha liña recta.
  • Velocidade constante; implica magnitude e dirección constantes.
  • Aceleración nula.

Ecuacións do movemento[editar | editar a fonte]

Sabemos que a velocidade v\, é constante; isto significa que non existe aceleración.

Entón, a posición x\, no instante t\, vén dada por:

 x = x_0+vt\,

onde x_0\, é a posición inicial.

Representación gráfica do MRU[editar | editar a fonte]

Na representación da gráfica da velocidade en función do tempo obtense unha recta paralela ás abscisas (tempo). Ademais, a área baixo a recta producida representa a distancia percorrida.

A representación gráfica da distancia andada en función do tempo dá lugar a unha recta que ten como pendente o valor da velocidade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]