Saltar ao contido

Movemento pola Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Movemento pola Francia
 Instancia de
 Nome oficial
MOUVEMENT POUR LA FRANCE (fr) Editar o valor en Wikidata
Características
 Forma xurídica
 Posición política
 Industria
Implicados
 Presidente/a
 Secretario/a
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
20 de novembro de 1994 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
28 de xuño de 2018 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
VIAF157039850 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000104868761 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03c91m Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Movemento pola Francia (Mouvement pour la France) é un pequeno partido político francés de dereita nacionalista e conservadora, presente en todo o territorio francés. O MPF foi un dos grandes vencedores do ano 2005, coa vitoria do Non ó referendo sobre a Constitución Europea.

Foi fundado o 20 de novembro de 1994 na Maison de la Chimie en París. Xunguiuse á lista "Maioría pola outra Europa" nas eleccións europeas, que acadou o 12,23% dos votos.

Philippe de Villiers preséntase como o seu candidato ás eleccións presidenciais de 1995, pero sen chegar a transformar ó MPF nun partido nacional solidamente estruturado. Acada menos do 5% dos votos.

Nas eleccións europeas de 1999, aliouse con Rassemblement pour la France e a alianza obtivo 13 escanos

O partido é dirixido polo seu presidente Philippe de Villiers, e o seu secretario xeral Guillaume Peltier.

En xuño de 2004 logrou tres escanos no Parlamento europeo, ocupados por Philippe de Villiers, Paul-Marie Couteaux e Patrick Louis.

Na Asemblea Nacional ten como representante a Véronique Besse. No Senado, a Bruno Retailleau, Philippe Darniche e a Bernard Seillier, o único parlamentario do MPF non elixido na Vendée.

Está implantado en toda Francia, aínda que o seu poder non é estable, presentado en solitario acadou o 5% dos votos, e en coalición con outro partido de similares características o 13%. Aínda así, a Fronte Nacional francesa de Le Pen, é a punta de lanza dos nacional demócratas franceses.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]