Movemento Internacional Somos Igrexa
O Movemento Internacional Somos Igrexa (en inglés: International Movement We are Church) é unha rede internacional de grupos independentes e autónomos que traballan pola reforma da Igrexa Católica afondando nas decisións do Concilio Vaticano II.
O movemento xorde en 1995 en Austria co nome de Wir sind Kirche, estendéndose a Alemaña e Tirol do Sur, creándose o 25 de novembro de 1996 o Movemento Internacional Somos Igrexa sobre a base da Declaración de Roma que axunta cinco demandas:
- Participación do pobo de Deus na elección dos bispos.
- Acceso das mulleres ao sacerdocio.
- Celibato opcional para os sacerdotes.
- Actitude positiva cara a sexualidade.
- Mensaxe de alegría e non de condena.
Cada grupo local pode ter outras demandas pero son esas cinco sobre as que traballa o movemento internacional. En Galicia Somos Igrexa Galicia fai parte da Coordinadora de Crentes Galegos [1] que avoga pola desaparición dos crucifixos das escolas e defende un novo sistema económico[2].