Movemento Indíxena Pachakuti
| Movemento Indíxena Pachakuti | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
O Movemento Indíxena Pachakuti (MIP) (en quechua: Pachakuti Indihina Rikch'arimuy) foi un partido político indixenista boliviano fundado na cidade da Paz o 1 de novembro do ano 2000 polo dirixente campesiño Felipe Quispe Huanca. O partido disolveuse o 18 de decembro de 2005.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O partido tiña ideoloxía socialista revolucionaria,[2] comunista, marxista-leninistas,[3] comunitarista[4] guevarista, antiimperialista, etnonacionalista[5][6] Indixenismo, katarista[7] e indianista.[8] Nas eleccións lexislativas de 2002 o partido gañou o 2,2% dos votos populares, obtendo 6 dos 130 escanos na Cámara de Deputados de Bolivia, pero non obtivo ningún escano na Cámara de Senadores de Bolivia.
Nas eleccións xerais de 2002, o seu candidato Felipe Quispe, participou obtendo o 6,09 % da votación (169 239 votos) saíndo en quinto lugar.
O partido participou tamén nas eleccións xerais de 2005 con Felipe Quispe e Sabina Choqueticlla como candidatos para a dupla presidencial, pero ao igual que na anterior elección presidencial,[9] Quispe obtivo o quinto lugar co 2,16% da votación (61 948 votos). Nestas eleccións, o partido non puido conseguir ningún escano, ademais de perder a súa personería xurídica ao non poder conseguir a porcentaxe mínima do 3% da votación nacional, requirida pola lei electoral.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Órgano Electoral habilita a 15 partidos y agrupaciones para comicios". eju.tv (en castelán). 10 de xullo de 2007. Consultado o 10 de decembro de 2018.
- ↑ "Los movimientos indígenas y la cuestión nacional en Bolivia y Ecuador: Una genealogía del estado plurinacional. Indigenous movements and the national question in Bolivia and Ecuador: A genealogy of the plurinational state".
- ↑ "Felipe Quispe. El último Mallku".
- ↑ "Entrevista con Felipe Quispe, El Mallku: El otro rostro de Bolivia".
- ↑ "Felipe Quispe Huanca, «presidente de los indios»". JACOBIN.
- ↑ El Sueño del Imperio Aymara.
- ↑ http://www.scielo.org.mx/scielo.php?script=sci_arttext&pid=S0188-77422012000100009
- ↑ https://www.apcbolivia.org/marxismo-e-indianismo/
- ↑ "Bolivia: Elecciones Presidenciales de 2005". pdba.georgetown.edu. Consultado o 2024-03-24.
- ↑ "Felipe Quispe lamenta la desaparición del MIP." (en castelán). ANF-Agencia de Noticias. 20 de decembro de 2005. Consultado o 9 de decembro de 2018.
