Moucho pequeno
Moucho pequeno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Glaucidium passerinum' (Linnaeus, 1758) |
O moucho pequeno (Glaucidium passerinum) é unha especie de ave de rapina da orde das estrixiformes.
Morfoloxía[editar | editar a fonte]
É a estríxida máis pequena de Europa, case do tamaño dun pardal. Cabeza desproporcionadamente grande e sen disco facial. A plumaxe combina o marrón con manchas brancas de diverso tamaño. A femia é lixeiramente meirande có macho.
Reprodución[editar | editar a fonte]
Usualmente emprega niños abandonados de petos, que son acondicionados polos proxenitores. Os ovos son chocados exclusivamente pola femia, que é alimentada polo macho. Trátase dunha especie monógama
Nutrición[editar | editar a fonte]
Aliméntase de aves ata o tamaño dun estorniño. Tamén roedores e diversos tipos de réptiles.
Distribución[editar | editar a fonte]
Dende o oeste de Escandinavia ata Siberia e a desembocadura do río Ussuri. Esta presente tamén na Europa Oriental e Suíza.
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Nicolai, Jürgen (1995). Everest, ed. Aves rapaces diurnas y nocturnas : identificar, clasificar y proteger las aves rapaces de Europa. Madrid. p. 157. (en castelán)
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moucho pequeno ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Moucho pequeno |
- ↑ BirdLife International (2012). "Glaucidium passerinum". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.