Motor de corrente continua sen vasoiriñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un BLDC nun ventilador de computador.

Os motores de corrente continúa sen vasoiriñas ou BLDC (Brushles DC) son un tipo específico de motor eléctrico que ofrecen diversas vantaxes sobre os motores de corrente continua con vasoiras, as cales se poden destacar a confiabilidade mais elevada, o ruído reducido, a vida útil mais longa (debido á ausencia de desgaste da vasoira), a eliminación da ionización do conmutador, e a redución total de interferencia electromagnética (EMI).

Características[editar | editar a fonte]

A desvantaxe principal do motor sen vasoiras é o custo mais elevado, a cal se debe a dous factores: primeiramente, estes motores requiren dispositivos MOSFET de alta potencia na fabricación do controlador electrónico de velocidade. Por outro lado, os motores de corrente continua con vasoiras poden ser regulados por un resistor variábel simple (potenciómetro ou reóstato), mesmo sendo ineficiente, tamén pode ser satisfactorio para algunhas aplicacións dependendo do custo-benefício. Os motores de BLDC necesitan dun máis caro circuíto integrado, chamado de controlador electrónico de velocidade para ofrecer o mesmo tipo de control variábel. En segundo, ao comparar técnicas de construción e manufactura entre BLDC e os motores escobados, moitos proxectos de BLDC requiren traballo manual, no caso de fixación da bobinas do estator. Por outra banda, os motores con vasoiras usan enrolamentos que poden ser bobinados automaticamente e son por tanto mais económicos.

Os motores BLDC son considerados mais eficientes do que os motores de corrente continua escobados. Iso significa que para a mesma potencia de entrada, os motores de BLDC converterán mais enerxía eléctrica en enerxía mecánica do que un motor de corrente continua con vasoiras A eficiencia é maior na rexión de "baixa-carga" e "a vacío" na curva característica do motor. So cargas mecánicas elevadas, os motores de BLDC e os motores escobados de alta calidade son equivalentes en eficiencia.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

Os motores sen vasoiras (BLDC) poden ser aplicados en toda función que sexa actualmente feita polos motores de C.C. con vasoiras. Porén o custo é o maior impedimento para que os motores sen vasoiras (BLDC) substitúan os motores con vasoiras, na maioría das áreas comúns de uso. Porén, estes motores de BLDC dominan moitas aplicacións existentes en computadores, tales como dispositivos de movemento dos HDs, CDs e DVDs, tamén se usa na refrixeración dos PCs por medio dos ventiladores que usan os motores BLDC case exclusivamente. Para baixa velocidade e baixa potencia, os motores sen vasoiras úsanse en xiradiscos.

Motores BLDC de alta potencia encóntranse en vehículos eléctricos e algunhas maquinarias industriais. Estes motores son esencialmente motores C.A. síncronos con rotores de imán permanente. Actualmente estúdase aplicar estes motores sen vasoiras en mecanismos como:

  • Motores para inxección de combustíbeis;
  • Motores de accionamento de fluídos, como bombas de auga;
  • Motores de ventilación.