Saltar ao contido

Motor de arrinque

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Motor de arrinque
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Composto por
Características
 Oposto a
Códigos e identificadores
Freebase/m/012459 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2777176278 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Un motor de arrinque é un dispositivo que se utiliza para virar un motor de combustión interna para iniciar o funcionamento deste pola súa propia potencia. Os motores de arrinque poden ser eléctricos, pneumáticos, hidráulicos, ou ser de combustión interna de pequeno tamaño para, por exemplo, motores moi grandes, ou motores diésel en maquinaria agrícola ou de escavación.[1]

Os motores de combustión interna son sistemas de retroalimentación que, unha vez arrincados, dependen da inercia de cada ciclo para iniciar o seguinte. Nun motor de catro tempos, a terceira carreira libera enerxía do combustíbel, impulsando a cuarta carreira (escape) e tamén as dúas primeiras (admisión, compresión) do ciclo seguinte, ademais de impulsar a carga externa ao motor. Para iniciar o primeiro ciclo ao comezo dunha sesión en particular, as dúas primeiras carreiras deben ser alimentadas dalgunha outra maneira que non sexa o motor mesmo. O motor de arrinque utilízase para este propósito e xa non é necesario unha vez que o motor comeza a funcionar e o seu circuíto de retroalimentación convértese en autosuficiente.

Motor de arrinque eléctrico

[editar | editar a fonte]
Volante de inercia con coroa de arrinque inserida no mesmo.

Un motor de arrinque eléctrico é un motor eléctrico alimentado con corrente continua con imáns de tamaño reducido e que se emprega para facilitar o aceso dos motores de combustión interna, para vencer a resistencia inicial dos compoñentes cinemáticos do motor ao arrincar. Adoita ter 2 CV de potencia, 12 V e entre 120 e 200 A.

O sistema de arrinque está constituído polo motor de aceso, o interruptor, o acumulador, e o cableado. O motor de arrinque é activado coa enerxía do acumulador cando se vira a chave de posta en marcha, pechando o circuíto e facendo que o motor vire. O motor de arrinque conecta co cegoñal do motor de combustión por un piñón coñecido como piñón de ataque, de poucos dentes e cunha coroa dentada reductora que leva incorporada o volante de inercia do motor térmico. Cando o volante vira máis rapidamente que o piñón, o piñón se desacopla do motor de arrinque mediante unha roda libre que o desengrana, evitando danos por exceso de revolucións.

No caso dos automóbiles, o motor de arrinque se desacopla mediante unha panca activada por un solenoide (un electroimán) que está suxeito ao corpo do motor de arrinque. Noutros casos (motocicletas e aviación lixeira) o relé vai montado separado e só alimenta a corrente; o axuste/desacople do piñón de ataque realízase por inercia e roda libre, cun estriado en espiral. Cando arrinca o motor térmico a diferenza de velocidades expulsa ao piñón cara atrás.

Nos motores grandes (vehículos industriais, etc) o piñón desprázase xunto co inducido ou rotor, por medios electromagnéticos. Nun inicio engrena mediante unha alimentación en paralelo das bobinas inductoras. Cando se axusta a forza increméntase porque se alimenta cunha bobina inductora en serie. O proceso termina cando se corta a alimentación ao relé, que tamén está integrado co motor de arrinque.

Despece do motor de arrinque:
#1 Tampas dianteira e traseira de apoio do inducido e de suxeición ao bloque motor.
#2 Sistema de piñón de engrene deslizante con roda libre e panca de acople.
#3 Inducido ou rotor.
#4 Devanados indutores de excitación para as masas polares.
#5 Placa portavasoiriñas.
#6 Relé de dobre función, conexionado de corrente e desprazamento do piñón de engrene.
  1. Gingell, Rachel (8 de decembro de 2016). "El diésel John Deere 720 y su innovador diseño de motor pony". Farms.com. Consultado o 28 de marzo de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]