Lavandeira citrina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Motacilla citreola»)
Lavandeira citrina

Macho de M. c. calcarata en plumaxe reprodutora en Rajastán, India
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Matacillidae
Xénero: Motacilla
Especie: Motacilla citreola
(Pallas, 1776)
Distribución de M. citreola     Área reprodutora      Residentes      Área non reprodutora
Distribución de M. citreola     Área reprodutora      Residentes      Área non reprodutora

Distribución de M. citreola     Área reprodutora      Residentes      Área non reprodutora
Sinonimia

Budytes citreola (Pallas, 1776)

A lavandeira citrina[2][3] (Motacilla citreola) é un pequeno paxaro cantor da familia Motacillidae.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O xénero, Motacilla foi creado con este nome por Carl Linnaeus en 1758 na 10ª edición de Systema Naturae.[4][5] Motacilla en latín era o nome da lavandeira branca, que é o diminutivo de motare, 'moverse continuamente', pero desde tempos medievais confundiuse cilla con 'cola'.[6] O termo citreola en latín significa 'de cor amarelado'.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A sistemática, filoxenia e taxonomía desta especie foi obxecto de considerable debate a inicios do século XXI debido a que esta ave forma un complexo de especies crípticas con M. tschutschensis e M. flava. Decidir cales dos moitos taxons deste grupo corresponden a cales das moitas poboacións é improbable que se resolva no futuro inmediato.[7]

Descrición[editar | editar a fonte]

É un paxaro delgado de 15,5 a 17 cm de longo, que move constantemente a súa longa cola, como é característico do xénero Motacilla. O macho adulto en plumaxe reprodutora é basicamente gris ou negro pola parte superior, con branco nas plumas rémixes, e amarelo brillante por debaixo e en toda a cabeza menos na caluga negra. En pumaxe invernal, as partes amarelas poden diluírse en cor branca, e a cabeza pasa a ser amarronada con supercilio amarelado. As femias parécense xeralmente a versións destinxidas dos machos en plumaxe invernal.

Distribución[editar | editar a fonte]

Esta especie reprodúcese na parte norte de Asia central en prados húmidos e na tundra. Migra en inverno ao sur de Asia, a miúdo a terras altas. A súa área de distribución está expandíndose cara ao oeste e é unha ave errante rara pero cada vez máis frecuente en Europa occidental, incluíndo Galicia.[3] As aves errantes parecen estender a súa migración en lugar de extraviarse na súa ruta.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

É un paxaro insectívoro que vive en zonas de campo aberto preto da auga, como prados húmidos e pantanos, e nidifica no chan, poñendo 4 ou 5 ovos con manchas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Motacilla citreola". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 November 2013. 
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Linnaeus, Carl (1758). Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis (en Latin). Volume 1 (10th ed.). Holmiae:Laurentii Salvii. p. 184. 
  5. Mayr, Ernst; Greenway, James C. Jr, eds. (1960). Check-list of Birds of the World. Volume 9. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology. p. 130. 
  6. Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 261. ISBN 978-1-4081-2501-4. 
  7. Voelker, Gary (2002). "Systematics and historical biogeography of wagtails: Dispersal versus vicariance revisited" (PDF). Condor 104 (4): 725–739. JSTOR 1370694. doi:10.1650/0010-5422(2002)104[0725:SAHBOW]2.0.CO;2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de marzo de 2016. Consultado o 2013-03-21. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]