Saltar ao contido

Mosteiro de Sopoćani

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMosteiro de Sopoćani
Манастир Сопоћани (sr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 43°07′08″N 20°25′22″L / 43.1189, 20.4228
EstadoSerbia
Distritos da Sérvia (pt) TraducirRáscia (pt) Traducir
Município da Sérvia (pt) TraducirNovi Pazar City (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
DioceseEparchy of Raška and Prizren (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie0,53 ha Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorEstevo Uroš I Editar o valor en Wikidata
Creación1259 Editar o valor en Wikidata
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data1979 (3ª Sesión)
Identificador96-002
Cultural Monument of Exceptional Importance (en) Traducir

Páxina webmanastirsopocani.org Editar o valor en Wikidata

O Mosteiro de Sopoćani (en serbio: Сопоћани), unha doazón do Rei Estevo Uroš I de Serbia, construíuse entre 1259 e 1270, preto da fonte do río Raška na rexión de Ras, o centro do Estado medieval serbio. Foi declarado Patrimonio da Humanidade, en 1979 con Stari Ras.

A igrexa dedicouse á Santísima Trindade e rematouse ao redor do ano 1265, o interior decorouse pouco despois. O arcebispo Sava II, que se converteu en xefe da igrexa ortodoxa serbia en 1263, está representado en procesión de arcebispos na zona do altar. Os frescos de Sopoćani son considerados por algúns expertos en arte medieval serbio como os máis bonitos da época. Na fachada occidental da nave existe un famoso fresco da Dormición da Virxe.

Fresco de Sopoćani.

No século XVI os monxes tiveron que deixar temporalmente o mosteiro varias veces debido á ameaza otomá. Finalmente, durante un dos ataques de 1689, os turcos otománs incendian o mosteiro e levaron o chumbo do teito. Os irmáns escapáronse con algunhas importantes reliquias a Kosovo pero non regresaron a Sopoćani. Que quedou abandonado durante douscentos anos, ata o século XX. A igrexa pouco a pouco foi decaendo: escaváronse as súas bóvedas, caeu a cúpula e os restos dos edificios que a rodeaban quedaron cubertos por lixo e terra.

Finalmente, durante o século XX o mosteiro foi restaurado e se asentou unha nova fraternidade de monxes. A pesar de ter estado sometidos durante dous séculos aos elementos, a maior parte dos frescos de Sopoćani conserváronse ben.

En 1979, o mosteiro foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco dentro do conxunto monumental Stari Ras e Sopoćani.[1]

  1. "Stari Ras e Sopoćani". Sector da Cultura da UNESCO. Consultado o 28 de marzo de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]