Mosteiro de Santa María da Armedilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosteiro de Santa María da Armedilla
Datos xerais
PaísEspaña
TipoMosteiro
AdvocaciónSanta María da Armedilla
LocalizaciónCogeces del Monte, provincia de Valladolid, Castela e León, España España
Coordenadas41°32′23″N 4°20′30″O / 41.539722222222, -4.3416666666667Coordenadas: 41°32′23″N 4°20′30″O / 41.539722222222, -4.3416666666667
CatalogaciónBen de Interese Cultural
11 de outubro de 2007
Culto
CultoExclaustrado
DioceseValladolid
Arquitectura
ConstruciónSéculo XV
Fundadorpastores
IdentificadorRI-51-0012030
editar datos en Wikidata ]

O Mosteiro de Santa María da Armedilla foi un mosteiro da Orde de San Xerónimo, hoxe en ruínas, a uns 3,8 km de Cogeces del Monte (provincia de Valladolid). Está declarado Ben de Interese Cultural.

Historia[editar | editar a fonte]

O descubrimento casual por uns pastores nunha cova escavada na rocha da imaxe da Virxe María, deu lugar a un culto mariano no lugar e á construción do mosteiro, favorecido polas facilidades de construción pola proximidade de canteiras e xeseiras na zona e a garantía do abastecemento da auga. Consérvase unha imaxe da Virxe románica de finais do século XII, na igrexa parroquial de Cogeces.

Realmente non se teñen noticias deste conxunto ata comezos do século XV, cando o señor de Cuéllar, o infante Fernando de Antequera, propuxo a súa doazón ós monxes da Mejorada de Olmedo para que fundaran alí un mosteiro a San Xerónimo, auspiciando as obras que na súa maior parte, configuran o espazo e os edificios que chegaron en ruínas ata a actualidade.

No século XVI leváronse a cabo as obras máis significativas, a construción da igrexa Xerónima, da que se conserva unha interesante portada plateresca na Casa de Cervantes de Valladolid, o levantamento do claustro con tres alturas e demais dependencias monacais, completándose o complexo, coa reforma dun palacio, como residencia temporal para os señores de Cuéllar, os Duques de Alburquerque, gozando durante séculos do padroado do mosteiro.

A vida do mosteiro foi moi activa dende o século XV ata o XIX, as obras e reformas foron continuas, introducíndose cambios en altura e extensión, unha notable rede de abastecemento de auga a través de atarjeas e canles de barro cocido, que permitían a través dos diferentes socalcos e coa altura da arca de captación, que as celas dispuxesen de auga corrente.

A partir da segunda década do século XIX coa desamortización comezou a decadencia do mosteiro, o seu abandono e deterioración progresiva. A propiedade pasou a mans particulares, chegándose a utilizar como canteira.

Na actualidad, son visibles as fábricas da nave da igrexa sen cubrir, muros e restos do claustro, adegas e alxibes. Permanecen restos da primeira construción medieval e pegadas e trazas das dependencias do pazo e do mosteiro.

A igrexa mantén a planta de cruz latina cunha única nave e cabeceira de tramo recto, os restos dos arranques dos nervios da bóveda estrelada que a cubría, propia dun gótico tardío, a espadana, e as ruínas do claustro, que previsiblemente tivera tres alturas. O muro norte do conxunto levántase mirando ó vale onde se atopaba a horta do convento, e os restos da cerca da horta que baixaba ata o regueiro.

O mosteiro posuía elementos extramuros dos que só queda a súa traza, como o antigo forno, o pombal e o edificio de novizos.