Estadio Moses Mabhida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Moses Mabhida Stadium»)

Coordenadas: 29°49′44″S 31°01′49″L / -29.829, 31.0303

Estadio Moses Mabhida
Moses Mabhida-stadion
Datos
LocalizaciónDurban, Suráfrica
Construción
Inauguración24 de novembro de 2009
ArquitectoGMP Architekten
Custo$450 millóns
Estadio
SuperficieCéspede
Dimensións320x280x45
Capacidade70.000
PropietarioeThekwini
Eventos

O Moses Mabhida é un estadio multiúsos situado en Durban (Suráfrica), construído para a disputa da Copa Mundial de Fútbol de 2010. Leva o nome de Moses Mabhida, un exsecretario xeral do Partido Comunista Surafricano (SACP), e está destinado a ser un estadio de usos múltiples de categoría mundial.[1]

O estadio ten unha capacidade prevista dunhas 70.000 persoas. Está situado no novo Recinto Deportivo Kings Park, como parte dos plans da cidade para a Copa do Mundo da FIFA. Sitúase xunto ao antigo Estadio Kings Park, que dará paso ao novo complexo que inclúe un pavillón cuberto, un museo do deporte, novos aparcadoiros e unha estación de transporte. O nome previsto nun principio para esta instalación era Estadio King Senzangakhona, e aínda é coñecido con este nome nalgúns ámbitos.

Características[editar | editar a fonte]

O deseño do estadio foi levado a cabo polo Estudo alemán GMP Architekten, que xa levou a cabo obras similares en distintas partes do mundo. A característica principal do estadio é o arco que se proxecta 105 m sobre o chan, podendo acceder ao alto do mesmo os espectadores por teleférico dende un lateral, ou a través de centos de chanzos desde o outro. Situado xunto ao océano Índico, o Moses Mabhida Stadium dispón dun teito cuberto que lle converte no máis vistoso dos novos estadios de Suráfrica.[2]

Construción[editar | editar a fonte]

A súa construción atrasouse trinta e dous meses sobre os prazos previstos, sendo finalizado en outubro de 2009, e inaugurado o 29 de novembro do mesmo ano. O custo da construción foi de máis de 450 millóns de dólares, o segundo máis caro dos construídos para o mundial.[3]

Utilización[editar | editar a fonte]

Durante a disputa do Mundial de Fútbol Suráfrica 2010, o estadio foi a sede de cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final e unha semifinal. Despois foi destinado a partidos de fútbol da liga de Suráfrica e da selección nacional, así como encontros de rugby e atletismo, entre outros acontecementos.

Copa do Mundo 2010[editar | editar a fonte]

Partidos[editar | editar a fonte]

O estadio Moses Mabhida albergou durante o campionato sete encontros: cinco encontros da fase de grupos, un de oitavos de final, e unha semifinal. Os partidos foron os seguintes:

Data Fase Equipo Resultado Equipo Espectadores
13 de xuño Primeira rolda Alemaña Alemaña
4 - 0
Australia Australia
62.660
16 de xuño Primeira rolda España España
0 - 1
Suíza Suíza
62.453
19 de xuño Primeira rolda Países Baixos Países Baixos
1 - 0
Xapón
62.010
22 de xuño Primeira rolda Nixeria Nixeria
2 - 2
Corea do Sur
61.874
25 de xuño Primeira rolda Portugal Portugal
0 - 0
Brasil
62.712
28 de xuño Oitavos de final Países Baixos Países Baixos
2 - 1
Eslovaquia Eslovaquia
61.962
11 de xullo Semifinal Alemaña Alemaña
0 - 1
España España
60.960

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Name changes proposed for Durban". www.iol.co.za (en inglés). Consultado o 2021-03-02. 
  2. "FIFA: Durban, "á vangarda" co seu precioso estadio para 2010". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2013. Consultado o 10 de xuño de 2010. 
  3. Moderno e fermoso estadio mundialista abriu as súas portas[Ligazón morta]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]