Moses Isegawa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Moses Isegawa
Nacemento10 de agosto de 1963
Lugar de nacementoKampala
NacionalidadeUganda e Reino dos Países Baixos
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Moses isegawa, pseudónimo de Wava Sey, é un escritor ugandés que vive nos Países Baixos e escribe en inglés.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu en 1963 en Kawempe (Uganda) no seo dunha familia da elite local, criouse en Kinunganya co seu avó nos primeiros anos e logo trasladouse coa súa familia a Masaka, onde foi internado nun seminario católico e despois foi para a Universidade de Makerere, onde comezou a escribir e traballou durante catro anos como mestre de historia no ensino público de seu país, ata que en 1990 emigrou aos Países Baixos conseguindo a nacionalidade neerlandesa en 1995. A súa primeira novela, crónicas abisinias, un Bildungsroman que abrangue os anos 1970 e 1980, foi escrito en inglés, pero publicado en neerlandés en 1998.

Obtivo un grande éxito no mercado literario holandés e no 2001 no anglosaxón (Inglaterra, Estados Unidos e Australia), converténdose, xunto a Dubravka Ugrešić, Kader Abdolah, Joydeeep Roy Bhattacharaya e Abderkader Benali, dos mais aclamados escritores da "literatura de inmigrantes" ou literatura trasnacional.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Abisinian chronicles ("Crónicas abisinias"): trata sobre unha familia durante o período de independencia de Uganda.
  • Snakepit ("Pozo de cobras"): Achéganos á vida cotiá da ditadura de Idi Amin Dada.
  • Voorbedachte Daden ("Feitos premeditados").
  • The war of ears ("A guerra das orellas").