Moscoxo, Pazos de Borbén
Aparencia
| Moscoxo | |
|---|---|
Igrexa de San Paio | |
| Concello | Pazos de Borbén[1] |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°19′04″N 8°30′16″O / 42.31777778, -8.50444444 |
| Poboación | 380 hab. (2022) |
| Entidades de poboación | 3[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
San Paio de Moscoxo[2] (até 2026, Moscoso (San Paio)) é unha parroquia do concello de Pazos de Borbén. Segundo o IGE,[3] en 2022 tiña 380 habitantes (185 homes e 195 mulleres). Ten tres entidades de poboación.
Toponimia
[editar | editar a fonte]No Nomenclátor de 2003 aparecía como "Moscoso"[3], porén no de 2026 corrixiuse para "Moscoxo"[4]. Este cambio débese a un informe iniciado de oficio polo Seminario de Onomástica da Real Academia Galega.[5] Por exemplo, aparecía como apelido Moscojo no século XV, ademais de atestacións no Catastro de Ensenada.[5] Tamén o padre Sarmiento menciona Moscoxo, ao igual que en cantigas populares e incluso hai evidencia de uso na poboación máis vella.[5]
Cultura
[editar | editar a fonte]De aquí é orixinario o grupo Os Trasnos de Moscoso e mais Rosa de Moscoxo.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Moscoxo
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Moscoxo no concello de Pazos de Borbén (Pontevedra) | |
|---|---|
Parroquias de Pazos de Borbén
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
- ↑ "DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.". Xunta de Galicia. Consultado o 2026-05-16.
- 1 2 IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
- ↑ "Nomenclátor de Galicia". Xunta de Galicia. Consultado o 01/05/2026.
- 1 2 3 "Informe sobre o cambio do nome da parroquia de Moscoxo (San Paio) do concello de Pazos de Borbén. Toponimia". toponimia.xunta.gal. Consultado o 2026-05-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- www.moscoso.eu Arquivado 26 de xaneiro de 2007 en Wayback Machine.