Mosca (constelación)
| Mosca | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Instancia de
| |||||||||
|
Epónimo
| |||||||||
|
Parte de
| |||||||||
| Características físicas | |||||||||
| Superficie | 138 °² | ||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
|
Descubridor/a
| |||||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||||
|
Data descuberta
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||
Musca ou Mosca[1] é unha das constelacións menores do Sur. A constelación foi unha das doce creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre o 1595 e o 1597, e a súa primeira aparición foi na Uranometria de Johann Bayer de 1603.
Obxectos notables
[editar | editar a fonte]A transitoria suave de raios-X Nova Muscae 1991 (ou Nova de Raios-X) é un obxecto binario consistente nunha estrela e nun burato negro. Durante o 1991 tivo un arranque de actividade que permitiu descóbrela, a radiación foi producida a través dun proceso de aniquilación positrónica. Musca tamén contén unha infrecuente nebulosa planetaria NGC 5189, localizada a máis de 3,000 anos luz da Terra. É unha estrutura complexa única que se asómella en miniatura á nebulosa do cangrexo. Tamén dentro da constelación está a Nebulosa do Reloxo de Area (MyCn 18) a unha distancia de 8,000 anos luz. O comparativamente vello cúmulo globular NGC 4833 preto de Delta Muscae está a 21,200 anos luz de distancia e un tanto escurecido por nubes de po preto do plano galáctico. O cúmulo globular NGC 4372 preto de Gamma Muscae é debilitado e parcialmente escurecido por po, pero estendese máis minutos de arco.
Estrelas con nomes propios
[editar | editar a fonte]| Estrela | Nome | Orixe do nome | Significado |
|---|---|---|---|
| μ | Butain | Árabe | pequeno ventre |
| 35 | Krittika | Sánscrito | Pleiades |
Historia
[editar | editar a fonte]Musca, no seu nome orixinal Apis – A Abella, foi introducida no século XVII para recha-los espazos sen catalogar ó redor do polo sur. Coma consecuencia do descoñecemento polas culturas antigas desta constelación non hai mitoloxía referente a mesma. En 1752, Nicolas Louis de Lacaille mudoulle o nome a Musca Australis coma contrapartida da tamén desaparecida constelación de Musca Borealis (constelación que tamén foi coñecida coma Apes ou Vespa) que existía no hemisferio norte celeste. Na actualidade o seu nome é simplemente Musca.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de outubro de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mosca |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ian Ridpath and Wil Tirion (2007). Stars and Planets Guide, Collins, Londres. ISBN 978-0-00-725120-9. Princeton University Press, Princeton. ISBN 978-0-691-13556-4. (en inglés)
- Thomas Wm. Hamilton, Useful Star Names, Holbrook, NY, Viewlex, 1968. (en inglés)
- Shane Horvatin. "Obsolete Constellations: Apis" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03/05/2017. Consultado o 9/11/2007.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Musca (en inglés)
- Starry Night Photography: Musca (en inglés)
- Star Tales – Musca (en inglés)

| Nomes Obsoletos de Constelacións |
|
Apis | Phoenicopterus | Serpentarius | Vespa | Xiphias |