Saltar ao contido

Mosaico de Dédalo e Pasífae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosaico de Dédalo e Pasífae

Tipomosaico romano Editar o valor en Wikidata
Culturagalaicos e cultura da Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Data
Data de creaciónséculo III Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Superficie38 m² Editar o valor en Wikidata
Descuberta
LocalizaciónLugo Editar o valor en Wikidata
Data1986 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O mosaico de Dédalo e Pasífae é un mosaico romano descuberto no nº10 da rúa Armañá en Lugo en setembro de 1986.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

Forma parte dunha serie de mosaicos datados na primeira metade do século III, estes eran dunha edificación complexa datada entre os séculos III e IV. Mide uns 38 m2 e describe a escena do momento no que Dédalo fai entrega á raíña cretense Pasífae da vaca de madeira que faría posible a consumación co touro ofrecido a Poseidón, do que naceu o Minotauro. O marco ou decoración perimetral ten diversos motivos xeométricos: arcadas, cadrados que se tocan polos vértices, liñas de rombos, copas de abeto, peltas, etc. A estancia identifícase cun oecus ou comedor.[1]

  1. 1,0 1,1 "Plástica Provincial Romana: Os Mosaicos" (PDF). redemuseisticalugo.org. Consultado o 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]