Morte (personificación)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Representación occidental da Morte como un esqueleto cargando unha gadaña

O concepto de morte como unha entidade existiu en moitas sociedades, dende o inicio da historia. A partir do século XV, co reavivamento da cultura grecorromana como fonte de inspiración artística, veu ser mostrada como unha figura esquelética que carga unha gadaña e viste unha túnica negra con capuz;[1] está inspirada en Hades, o deus grego do mundo inferior (Plutón para os romanos). Na cultura occidental, a Morte asóciase frecuentemente a esta figura, de aspecto semellante ao enraizado o século XV. No oriente chámase Iama, Yanluo, Enma Dade Oh, Rei Yŏmna, ou Shinigami (Deus ou Anxo da Morte na mitoloxía xaponesa).

Existe tamén na Biblia, Abadom (tamén chamado Apollyon), un anxo cunha identidade que é un misterio e que aparece no libro de Xob (capítulo 26, versículo 6) e no libro da Apocalipse (capítulo 9, versículo 11), onde se chama Anxo do Abismo. Nas tradicións xudaicas antigas de onde xurdiu a Biblia, o anxo da morte recibía o nome de Samael, anxo que para os estudiosos bíblicos, principalmente a partir do Novo Testamento se identifca como Satanás "o que tiña o imperio da morte" (Hebreos, 2:14) e no islam o anxo da morte identifícase como Azrael.

Nalgúns casos, a Morte é capaz realmente de matar a vítima, contándose que pode ser subornada, enganada ou aprisionada, a fin de manter a vida, como no caso de Sísifo. Outras crenzas sustentan que a Morte é un psicopompo, que serve só para cortar os últimos lazos entre a alma e o corpo e para guiar os mortos ao outro mundo sen ter calquera control sobre o feito da morte da vítima.

Nas culturas inglesa e alemá, a Morte adoita representarse como un home, mais nas culturas de lingua románica non é común que sexa feminina,[2] igual que nas linguas eslavas.

Folclore e mitoloxía indoeuropea[editar | editar a fonte]

Helénica[editar | editar a fonte]

Tánatos como un mozo alado, no templo de Artemisa en Éfeso.

Na antiga Grecia considerábase que como a morte era inevitábel non era representada como puramente má. Frecuentemente se retrata como un home barbado e alado, mais tamén foi retratada como un rapaz nova. A Morte, ou Tánatos, é a contrapartida da vida, sendo a morte representada como masculina, e a vida como feminina. Tánatos é o irmán xemelgo de Hipnos, o deus do sono. Normalmente se mostra co seu irmán e represéntase como xusto e xentil. O seu traballo é acompañar os falecidos ao submundo, gobernado por Hades. Entón, entrega os recentemente mortos nas mans de Caronte, o barqueiro que leva as almas ao longo do río Aqueronte, que separa a terra dos viventes da terra dos mortos. Críase que se o barqueiro non recibise algún tipo de pagamento, a alma non sería entregada ao submundo e sería deixada na beira do río durante cen anos.

As irmás de Tánatos, as Queres, son os espíritos da morte violenta. Están asociadas ás mortes nas batallas, ás doenzas, aos accidentes e aos homicidios. As irmás retrátanse como más, moitas veces alimentándose do sangue do corpo despois de que a alma for levada para o submundo. Tiñan presas, garras e vestían con roupas ensanguentadas.

Celta[editar | editar a fonte]

O folclore bretón mostra unha figura espectral que é presaxio da morte, o Ankou. O Ankou non é a propia morte, senón o seu servidor. Normalmente, o Ankou é o espírito da última persoa que morreu dentro da comunidade, aparecendo como unha figura alta e abatida cun chapeu largo e longos cabelos brancos ou como un esqueleto cunha cabeza xiratoria que ve a todos en todo lugar. O Ankou conduce un vello vagón ou un carro, apiñado de cadáveres.[3] Din que cando un vivo escoita o son do vehículo ranxendo non tardará en morrer. Tamén din que aquel que ve o Ankou morrerá dentro dun ano.

Polaca[editar | editar a fonte]

En Polonia, a Morte (ou Śmierć) retrátase cunha aparencia similar á románica tradicional, mais en lugar dun manto negro viste un manto branco. A Morte personifícase como unha muller (a palabra śmierć é de xénero feminino) e vese principalmente como unha vella esquelética, como describe o diálogo do século XV "Rozmowa Mistrza Polikarpa ze Śmiercią" (en latín: "Dialogus inter Mortem et Magistrum Polikarpum").

Nórdica[editar | editar a fonte]

En Noruega, a Morte é retratada como unha muller anciá que usa un capuz negro, coñecida polo nome de Pesta (que significa bruxa, praga). Vai ás vilas cargada cun sedeiro ou cunha vasoira. Se levar o sedeiro, algunhas persoas poderían sobrevivir a praga, no caso de que leve a vasoira, todos morrerían.[4]

Escrituras hindús[editar | editar a fonte]

Iama, o señor da morte hindú, presidindo a súa corte no inferno

Nas escrituras hindús, o señor da morte é Iama, ou Iamaraja (literalmente "o señor da morte"). Iamaraja monta un búfalo negro e ten un lazo de corda para levar a alma de volta á súa residencia, chamada Iama Loca (o mundo de Iama, ou o submundo dos mortos). Existen moitas formas de ceifeiros, aínda que algúns din que hai só un que se disfraza como un neno pequeno. Os seus axentes, os Iamadutas, cargan as almas de volta para Iama Loca. Alí, almacénanse todas as contas das accións boas e ruíns dunha persoa, mantidas polo Chitragupta. O saldo desas accións permite a Iamaraja decidir onde vai residir a alma na súa próxima vida, segundo a teoría da reencarnación. Iama tamén se menciona no Mahabharata como un gran filósofo e devoto do supremo Brahman.

Iama é tamén coñecido como Darmaraja, ou rei do Dharma. Unha interpretación é que a xustiza se serve igualmente para todos, vivos ou mortos, con base no seu karma ou destino. Esta aínda se reforza pola idea de que Yudhishtra, o máis vello dos Pandavas, se considera como a personificación da xustiza, e naceu debido ás oracións de Kunti para Iamaraja.

As escrituras budistas tamén mencionan a Iama ou Iamaraja de xeito moi similar.

Folclore e mitoloxía do extremo oriente[editar | editar a fonte]

Na mitoloxía chinesa e no taoísmo, Yanluo (chinés: 閻羅; pinyin: Yánluó), ou Yanluo wang (閻羅王; Yánluó wáng), é o deus da morte e o gobernador de Di Yu (inferno ou submundo). A divindade orixinouse a partir de Iama do hinduísmo e foi adoptado no panteón chinés, eventualmente espallándose para o Xapón como Enma-Daioh e en Corea como o gran Rei Yŏmna. Normalmente retrátase vestindo un bonete de xuíz chinés e vestiduras tradicionais chinesas en ambas as representacións, as chinesas e as xaponesas.

Na mitoloxía coreana, o equivalente da figura da Morte é Jeoseung-Saja (저승사자 en coreano). É retratado como un burócrata severo e implacábel no servizo de Yŏmna. Un psicopompo, escolta a todos (bos ou malos) da terra dos vivos para o submundo cando chega a súa hora.

Na mitoloxía xaponesa e no Kojiki, tras dar a luz ao deus do lume Hinokagutsuchi, feridas mortais causadas polo lume do fillo atinxen a Izanami e ela entra no reino da noite perpetua chamado Yomi-no-kuni (o submundo), para o cal Izanagi, o seu marido, viaxou nunha tentativa frustrada de salvala. El contempla o estado monstruoso e infernal de súa esposa, ela avergóñase e fica furiosa. Izanami persegue a Izanagi a fin de matalo, mais non o consegue e promete matar mil do seu pobo cada día. Izanagi retruca dicindo que van nacer mil cincocentos todos os días.

Hai tamén deuses da morte chamados shinigami, que están máis próximos da personificación occidental da Morte. Os shinigami son comúns nas modernas ficcións e artes xaponesas, mais están esencialmente ausentes da mitoloxía tradicional.

Relixións abrahámicas[editar | editar a fonte]

Anxo da Morte. Venecia, 1951

O Anxo do Señor fere cento oitenta e cinco mil homes no campamento asirio (II Reis, 19:35). Cando o Anxo da Morte pasa a ferir os primoxénitos dos exipcios, Deus impide "o destrutor" (shâchath) entrar nas casas con sangue na porta (Éxodo, 12:23). O "anxo destrutor" (mal'ak ha-mashḥit) estende a súa man para exterminar Xerusalén, mais impídello Yahweh, que se arrepinte dese mal (II Samuel, 24:16). En I Crónicas 21:16, o Anxo do Señor é visto polo rei David "entre a terra e o ceo, tendo na man a espada desenvaiñada, volta contra Xerusalén". O libro bíblico de Xob (33:22) emprega o vocábulo xeral "destrutor" (memitim), que a tradición identificou como "anxos destrutores" (mal'ake Khabbalah), e Proverbios (16:14) emprégase a expresión "anxos da morte" (mal'ake ha-mavet). No islam, no sikhismo e nalgunhas tradicións extrabíblicas, o anxo da morte chámase Azrael[5] e tamén Samael.

Memitim[editar | editar a fonte]

A morte do coveiro, de Carlos Schwabe

O memitim é un tipo de anxo da tradición bíblica asociado coa mediación sobre as vidas dos moribundos. O nome derívase da palabra hebrea mĕmītǐm e refírese aos anxos que provocan a destrución daqueles a quen os anxos da garda xa non están protexendo. Aínda que poida haber algún debate entre os estudosos da relixión sobre a natureza exacta dos memitim, aceptáse xeralmente que, tal como se describe no libro de Xob (33:22), son algún tipo de asasinos.

No xudaísmo[editar | editar a fonte]

Formas e funcións[editar | editar a fonte]

De acordo co Midrash, o Anxo da Morte foi creado por Deus o primeiro día. A súa morada é o ceo, de onde alcanza a terra en oito voos, mentres a Peste chega nun. Dixo Deus ao Anxo da Morte: "Eu entregueiche o poder sobre todas as persoas, agás sobre estes que están libres da morte por medio da Lei". Ten doce ás e din que está cheo de ollos. Cando un home que está a piques de morrer ve o Anxo da Morte, é tomado dunha convulsión e abre a boca. O Anxo ponsé á fronte da vítima coa súa espada desenvaiñada, da cal caen pingas de fel na boca do home, esa pinga provoca a morte e aos poucos o corpo da persoa tórnase podre, ficando co rostro amarelo. A expresión "ao gusto da morte" tivo orixe na idea de que a morte foi causada por unha gota de fel. Nas tradicións xudaicas o anxo da morte recibe o nome de Samael, de espantosa aparencia, e da coroa da cabeza ata os pés está cuberto de ollos. Moisés veo, asómbrase e pide: "...meu Deus e o Deus de meus pais, non me deixe caer nas mans dese anxo" (Asunción de Moisés cap IV).

A alma escapa pola boca, ou, como se afirma nalgúns lugares, a través da gorxa. Polo tanto, o Anxo da Morte está na cabeza do paciente (Adolf Jellinek, lc ii 94, Midr O Ps de xi.. .). Cando a alma abandona o corpo, a súa voz vai dun mundo para o outro, mais non é ouvido (Xén. R. vin 7;.. Ex R. v. 9,.. Pirḳe R. El xxxiv). A espada do Anxo da Morte, mencionado polo cronista (I Crónicas, 21:15; comp. Xob, 15:22; Enoc, 62:11), indica que o Anxo da Morte tiña a figura dun guerreiro que mata os fillos dos homes. "O home, o día da súa morte, cae diante do Anxo da Morte como un animal diante do matador" (Grünhut ", Liḳḳuṭim", v. 102). O pai de Samuel (c. 200) di: "O Anxo da Morte díxome: 'Só a causa da honra da humanidade é que eu non corto os seus pescozos como se fai cos animais abatidos" ('Ab Zarah. 20b). En representacións posteriores, o coitelo, por veces, substitúe a espada, e tamén se fai referencia ao cabo do Anxo da Morte, o que indica morte por estrangulamento. Moisés di a Deus: "Eu temo o cabo do Anxo da Morte" (Grünhut, LCV 103 et seq.). Dos catro métodos xudaicos de execución, tres son nomeados en conexión co Anxo da Morte: Queimadura (derramando de chumbo quente na gorxa da vítima), abate (por decapitación) e estrangulamento. O Anxo da Morte administra o castigo particular que Deus ordenou para a práctica de pecado.

Un manto peculiar ("Idra" de acordo con Levy, "Wörterb Neuhebr.." I. 32, unha espada) pertence ao equipamento do Anxo da Morte (Eclesiastés R. iv. 7). O Anxo da Morte asume a forma particular que mellor servir aos seus propósitos, por exemplo, pode aparecer para un estudante na forma dun mendigo que suplica piedade (O mendigo debe recibir Tzedaká.) (M. Ḳ 28.). "Cando a peste se enfurece na cidade, non ande no medio da rúa, porque o Anxo da Morte [isto é, a peste] pasará por alí; se reina a paz na cidade, non ande nos bordos da estrada. Cando a peste se enfurece na cidade, non vaia só para a sinagoga, porque o Anxo da Morte almacena as súas ferramentas. Se os cans ouvearen, o Anxo da Morte entra na cidade; se eles fan deporte, o profeta Elías chegou" (B. Ḳ. 60b). O "destrutor" (Satanás ha-mashḥit) na oración diaria é o Anxo da Morte (Ber. 16b). Midr. Ma'ase Torah (compárese Jellinek, "BH" ii 98) di: "Hai seis Anxos da Morte: Gabriel para os reis; Ḳapẓiel para os máis novos; Mashbir para os animais; Mashḥit para os nenos; Af e Ḥemah para o home e os animais".

No catolicismo[editar | editar a fonte]

No catolicismo romano, o arcanxo Miguel[6] vese como o bo Anxo da Morte en oposición a Samael, o malvado Anxo da Morte, e leva as almas dos falecidos ao Ceo; hai unha invocación na oración de ofrenda tradicional da misa de réquiem. A morte tamén é un dos Catro Cabaleiros da Apocalipse retratados no Libro da Revelación.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Noyes, Deborah (2008). Encyclopedia of the End: Mysterious Death in Fact, Fancy, Folklore, and More. Boston: Houghton Mifflin. p. 35. ISBN 061882362X. 
  2. Guthke, Karl S. (1999). The Gender of Death: A Cultural History in Art and Literature. Cambridge: Cambridge University Press. p. 7. ISBN 0521644607. 
  3. Anatole Le Braz, Légende de la Mort
  4. "død – folketro – Store norske leksikon". Snl.no. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2013. Consultado o 2013-12-08. 
  5. Davidson, Gustav (1967). A Dictionary of Angels, Including the Fallen Angels. ISBN 9780029070505. 
  6. Bunson, Matthew, (1996). Angels A to Z : Who's Who of the Heavenly Host. Three Rivers Press. ISBN 0-517-88537-9.
  7. "Bible Gateway passage: Revelation 6:7–8 – New American Standard Bible". Bible Gateway. Consultado o 26 de xaneiro de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]