Morris (autor de BD)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maurice de Bevere (1 de decembro de 1923, Courtrai, Bélxica - 17 de xullo de 2001), máis coñecido polo seu alcume Morris, foi un debuxante belga de banda deseñada famoso por ser o creador da personaxe de Lucky Luke.

Biografía[editar | editar a fonte]

Maurice de Bevere naceu en Courtrai, Bélxica, o 1 de decembro de 1923, e realizou os seus primeiros estudos nunha ben coñecida escola xesuíta en Aalst.

Con 20 anos comezou a traballar coma debuxante nos estudos de animación CBA (Compagnie Belge d'Actualités) onde coñece a Peyo, André Franquin ou Eddy Paape. En 1946 creou Lucky Luke, a súa personaxe máis representativa para a revista de BD Spirou. Continuou a traballar nos anos seguintes tanto na BD coma na animación. A súa morte prodúcese en 2001 cunha caída accidental.

Premios[editar | editar a fonte]