Saltar ao contido

Morraoconto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Morraoconto
Logotipo
 Instancia de
Características
 Obra salientable
Implicados
Datas
 Fundación / creación
2021 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Facebook: morraoconto Instagram: ciamorraoconto Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Morraoconto é unha compañía galega emerxente[1] de teatro e danza con sede en Ames.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi creada en Santiago de Compostela en 2021 por Miguel Gendre, Rafa R. Martínez e Lara Pouso tras un traballo común para o festival USCénica. A experimentación, a liberdade creativa e a divulgación son os piares fundamentais da compañía.

En 2025, tras catro anos de traballo, debutaron con TROMSØ,[2] escrito e dirixido por Rafa R. Martínez e coa axuda á nova creación escénica da AGADIC.[3] Para esta peza contaron coa actriz Lidia Veiga, con Esther Latorre no apartado coreográfico e de movemento, José Faro "Coti" no deseño de iluminación, Ana Gesto no vestiario, e coa pianista Julia Ammerman e a violonchelista Lucía Iglesias na música en directo. A montaxe de TROMSØ levouse a cabo nos meses de febreiro e marzo de 2025 entre os concellos de Santiago de Compostela, Arzúa e Ames. Estreouse o venres 21 de marzo[4] dese mesmo ano na Casa da Cultura do Milladoiro.[5]

TROMSØ é un proxecto multidisciplinar que mestura teatro, danza, máscaras, videoproxeccións e música en directo. A obra presentouse no 2025 en trece concellos de Galicia.[6][7][8][9][10][11][12][13]

  1. ↑ González Díaz, Pauli (1 de abril de 2025). "Morraoconto, Colectivo do Flow y Nauta: tres compañías teatrales abriéndose camino en Santiago". elespanol.com (en castelán). Consultado o 21 de novembro de 2025.
  2. ↑ Redacción (25 de marzo de 2025 [actualizado 28 de marrzo de 2025]). "Morraoconto debutou coa estrea de ‘TROMSØ’". erreguete.gal. Consultado o 21 de novembro de 2025.
  3. ↑ "La Xunta destina 800.000 euros a los nuevos espectáculos de 29 compañías gallegas de artes escénicas". xunta.gal (en castelán). 23 de xuño de 2024. Consultado o 21 de novembro de 2025.
  4. ↑ López Carbia, Susana (17 de decembro de 2024). "Ames encara 2025 con teatro, danza y circo 100% gallegos". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 21 de novembro de 2025.
  5. ↑ Redacción (20 de marzo de 2025). "A odisea íntima de Tromsø, a primeira montaxe da compañía Morreoconto". g24.gal. Consultado o 21 de novembro de 2025.
  6. ↑ TVG (17 de xuño de 2025). Crítica de TROMSØ por Iria Sobrado no Zigzag diario (AGalega).
  7. ↑ Becerra de Becerreá, Afonso (Xullo 2025). "TROMSØ, para non perder o norte.". Erregueté, revista galega de teatro. 2025/1 (109): 116, 117, 118.
  8. ↑ V., C. (11 de febreiro de 2025). "Vimianzo presenta a súa programación cultural para os meses de febreiro a maio". diariodesantiago.es. Consultado o 21 de novembro de 2025.
  9. ↑ "La ciudad de Lugo contará con 27 espectáculos de la Rede Galega de Teatros e Auditorios". industriasculturais.xunta.gal (en castelán). 10 de xaneiro de 2025. Consultado o 21 de novembro de 2025.
  10. ↑ "TROMSØ: unha viaxe íntima máis alá da perda da man de Morraoconto". compostelacultura.gal. 21 de novembro de 2025. Consultado o 21 de novembro de 2025.
  11. ↑ "A obra de teatro TROMSø, este sábado no García Márquez de Oleiros". elidealgallego.com. 12 de novembro de 2025. Consultado o 21 de novembro de 2025.
  12. ↑ González, Cristina (24 de outubro de 2025). "El Auditorio de Cangas acoge la obra «Tromsø», fusión de teatro y danza". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 21 de novembro de 2025.
  13. ↑ "OTOÑO DE LAS ARTES – LA CULTURA ES UN DERECHO". concellodenegreira.gal. 5 de setembro de 2025. Consultado o 21 de novembro de 2025.