Morquintián, Muxía
| Morquintián | |
|---|---|
Igrexa de Santa María de Morquintián. | |
| Concello | Muxía[1] |
| Provincia | A Coruña |
| Coordenadas | 43°02′48″N 9°13′57″O / 43.0468, -9.2326 |
| Poboación | 158 hab. (2017) |
| Entidades de poboación | 10[1] |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
Santa María de Morquintián é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Muxía. Segundo o IGE en 2009 tiña 203 habitantes (109 mulleres e 94 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 271 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1809, durante a Guerra da Independencia española, o párroco de Morquintián Pedro Lapido encabezou a Xunta de Defensa desta zona contra os franceses.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa de Santa María de Morquintián é un templo románico dunha soa nave e ábsida rectangular, presenta na parte externa da nave principal unha colección de canzorros. Non sufriu reformas na nave central pero si a cabeceira, modificada no século XVIII.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Cabeceira da igrexa de Morquintián.
-
Interior da igrexa de Morquintián.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Morquintián
[editar | editar a fonte]| Lugares da parroquia de Morquintián no concello de Muxía (A Coruña) | |
|---|---|
|
Aboi | Cuño | Figueiroa | Guisamonde | Martineto | Morquintián | Prado | Vilachán | Vilela de Morquintián | Viseo |