Morelia
Epónimo | José María Morelos ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | México | ||||
Estado federado | Michoacán | ||||
Concello | Concello de Morelia ![]() | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 962.555 (2020) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Altitude | 1.920 m ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 18 de maio de 1541 ![]() | ||||
Evento clave | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Raúl Morón Orozco ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 58000 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 443 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | morelia.gob.mx ![]() |
Morelia (dende 1545 a 1828 coñecida como Valladolid; en purépecha: Uaianharhio, en otomí: Mänxuni, en matlatzinca: Tambati e en mazahua: Animaxe) é unha importante cidade de México, dentro da oitava área metropolitana máis grande do país e a novena cidade en tamaño, capital do estado de Michoacán.[1] Atópase no oeste do país (a 1920 m de altitude), e a uns douscentos quilómetros ao oeste da Cidade de México. A poboación da cidade en 2020 era de 743.275 habitantes. O concello tiña 849.053 habitantes, e a área metropolitana, composta polos concellos de Morelia, Tarímbaro e Charo, tiña 988.704 habitantes.[2][3]
No século XX converteuse nun importante centro industrial, comercial e cultural do oeste do país, en 1991, o seu centro histórico foi nomeado pola Unesco como Patrimonio Cultural da Humanidade.[4] A cidade ten moitos eventos culturais como o festival internacional do cinema, o festival internacional de música e o día dos mortos.
Topónimo
[editar | editar a fonte]O seu primeiro nome na época prehispánica era Guayangareo (en castelán), que provén do orixinal Uaianharhio, o cal en purépecha quere dicir outeiro longo e chairo.[5] Outros pobos indíxenas asentáronse no val, como os otomís, os mazahuas e os pirindas ou matlatzincas, e por iso a cidade ten o nome de Mänxuni en lingua otomí, Tambati en lingua matlatzinca e Animaxe en lingua mazahua.[6]
Durante a época colonial española chamouse por primeira vez Cidade de Mechuacán, que foi cambiada en 1545 por Cidade de Valladolid na honra da cidade do mesmo nome en España. En 1828, o seu nome pasou a ser Morelia en homenaxe ao heroe da independencia mexicana José María Morelos y Pavón, que naceu nesta cidade capital. O xentilicio da súa poboación é moreliano.[7]
Historia
[editar | editar a fonte]A cidade de Morelia foi fundada o 18 de maio de 1541 por Juan de Alvarado o Vello, Juan de Villaseñor e Luis de León Romano, por orde do vicerrei primeiro de Nova España, Antonio de Mendoza y Pacheco. Valladolid, hoxe Morelia, destacou como cidade importante na época de Nova España, como sede da Provincia e Bispado de Michoacán, unha antiga xurisdición político-eclesiástica que foi unha das máis grandes e prósperas de Nova España. A cidade é actualmente a sede da Arquidiocese de Morelia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade de Morelia é unha poboación do concello de Morelia, no estado de Michoacán, en México. É a capital da entidade federal de Michoacán de Ocampo e a cidade máis poboada do estado e conta cunha grande área metropolitana.
Morelia está situada a 1.900 m sobre o nivel do mar no Val de Guayangareo, e ten un clima temperado durante todo o ano, con temperaturas que oscilan entre 2 a 27 °C durante o verán e entre -2 a 18 °C no inverno.[8]
Demografía
[editar | editar a fonte]Morelia ten 988.704 habitantes, é unha cidade de gran crecemento de poboación nos últimos anos.
Economía
[editar | editar a fonte]Morelia é un motor económico do país. A comezos do século XIX caracterizábase pola especialización no sector servizos e por unha contorna de claro carácter educativo, agrícola e forestal. Ao longo do século foise desenvolvendo na cidade un potente sector industrial téxtil e papeleiro, centrándose nese sector as evolucións tecnolóxicas. A comezos do século XXI o turismo, o comercio, a industria, a loxistíca e a educación son agora o motor da economía da cidade.
Trasportes e comunicacións
[editar | editar a fonte]A cidade de Morelia conta cun aeroporto internacional, que ten conexión cas cidades mexicanas e cidades dos Estados Unidos.
Educación
[editar | editar a fonte]Morelia ten universidades e centros de investigación científico-tecnolóxicos, das que cómpre citar:
- Universidade Michoacana de San Nicolás Hidalgo
- Universidade Iberoamericana (UIA)
- Universidade La Salle Morelia
- Instituto Tecnolóxico de Morelia
- Instituto Tecnolóxico de Estudos Superiores de Monterrey Campus Morelia.
Cultura
[editar | editar a fonte]
En 1991, o seu centro histórico foi nomeado pola Unesco como Patrimonio Cultural da Humanidade pola súa traza urbana, riqueza arquitectónica e a súa historia.
Monumentos
[editar | editar a fonte]- Antiga Alfóndega
- Casa natal de Morelos
- Catedral de Morelia
- Palacio Lexislativo de Michoacán
- Palacio de goberno de Michoacán
Deportes
[editar | editar a fonte]A cidade ten un equipo de fútbol na primeira división, o Club Deportivo Monarcas, coñecido popularmente como os Monarcas del Morelia. Xogan no Estadio José María Morelos y Pavón.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Fullerton, Estados Unidos (1965)
Valladolid, España (1978)
A Habana, Cuba (1999)
Acapulco, México (2013)
Ávila, España (2021)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sanchez Reyna, Ramon (2008). Michoacán:Morelia, Pátzcuaro, Cuitzeo, Zamora, Uruapan, Otros (en castelán). Cidade de México: Grupo Azabache, S.A. de C.V. pp. 20–28. ISBN 978-607-7568-08-7.
- ↑ "Datos Generales: Municipio: Morelia". Unidad de Microrregiones (en castelán). Secretaría de Desarrollo Social. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de febreiro de 2016.
- ↑ "Enciclopedia de los Municipios de México Michoacán Morelia" (en castelán). México: INAFED. Arquivado dende o orixinal o 2011-05-17. Consultado o 2009-11-21.
- ↑ "Centro Histórico de Morelia". patrimoniomundialmexico.inah.gob.mx (en castelán). Instituto Nacional de Antropología e Historia. Consultado o 23 de marzo de 2025.
- ↑ "No solo era Valladolid, Morelia tenía más nombres ¿los conoces?". Alina Espinoza (en castelán). El sol de Morelia. Consultado o 23 de marzo de 2025.
- ↑ "Los pirindas de Michoacán". Martha Delfín Guillaumin (en castelán). www.scielo.org.mx. Consultado o 23 de marzo de 2025.
- ↑ "Conmemoramos el 477 aniversario de Morelia, Michoacán". Goberno de México (en castelán). Instituto Nacional para el Federalismo y el Desarrollo Municipal. Consultado o 23 de marzo de 2025.
- ↑ Servicio Meteorológico Nacional. "Normales climatológicas 1951-2010. Estado de Michoacán, Estación: 00015164 Morelia (DGE).". smn.conagua.gob.mx. Consultado o 2025-03-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Morelia ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- [ Páxina oficial] (en castelán)